choco, choca
Audio 1
Audio 2
Audio 3

choco2 (feminino: choca) participio1 Participio irregular do verbo chocar. adxectivo2 [Ovo dunha ave] que ten o embrión en desenvolvemento. Dos ovos chocos saen os pitos.3 [Ovo] podre ou estragado. Tira con eses ovos que están chocos. SINÓNIMOS gorolo2, grolo24 Que está no período de chocar os ovos [ave, en particular a galiña]. A galiña anda choca.5 Pouco agradable ao gusto por non estar fresco [líquido, en particular a auga de beber]. Non bebas esa auga choca.6 En estado de descomposición [auga]. A auga desa poza está choca.7 Que ten un son opaco. Unha campá choca.8 Anticuado e carente de orixinalidade. Era un intelectual choco, cun discurso do século pasado. substantivo masculino9 Incubación dos ovos. Unha galiña en período de choco. SINÓNIMO choca2 substantivo feminino10 Incubación dos ovos. Durante a choca, a galiña pasa a maior parte do tempo no niño. SINÓNIMO choco2 FRASES E EXPRESIÓNS CON choco Saír a galiña choca Frustrarse os plans ou non saír algo como se esperaba. Quíxoos enganar, pero saíulle a galiña choca. Contabas con facer a viaxe e saíuche a galiña choca.

choco
Audio 1
Audio 2

choco1 Para todas as acepcións SINÓNIMO chopo1 substantivo masculino1 (Sepia officinalis) Molusco da clase dos cefalópodos, de corpo ovado e groso, cunha cuncha calcaria interna e unha bolsa de tinta coa que escurece a auga en situacións de perigo. Chocos guisados. SINÓNIMOS sepia, xiba22 Xiba pequena. Tomou unha ración de chocos con arroz. OBSERVACIÓNS: Para a segunda acepción é frecuente utilizar o diminutivo: choquiños

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!