choque
Audio 1

choque substantivo masculino1 Encontro violento de algo que se move contra outro corpo parado ou en movemento. Choque de barcos. SINÓNIMOS colisión, encontrón2 figurado Confrontación de ideas, caracteres, condutas, intereses etc. contrarios.. Houbo un choque de opinións. O choque cultural dos inmigrantes. SINÓNIMO colisión3 figurado Enfrontamento entre persoas. Tivo algúns choques cos compañeiros. Xa tiveron un choque coa súa irmá por un problema coa herencia. SINÓNIMOS confrontación, encontrón, tropezo4 figurado Impresión forte. Aínda me lembro do choque que me produciu a visita a Auschwitz-Birkenau. CONFRÓNTESE conmoción5 Medicina Descompensación dos mecanismos de regulación do equilibrio fisiolóxico provocada por estímulos para os que o organismo non ten preparada unha resposta inmediata. Inxectar auga no embrión pode producir un choque hipotónico. Un choque anafiláctico é a forma máis grave en que se pode manifestar unha reacción alérxica. FRASES E EXPRESIÓNS CON choque Choque de mans Unión das mans de dúas persoas en sinal de saúdo, felicitación etc. E cun choque de mans pecharon o acordo. Coches de choque Atracción de feira que consta dunha plataforma sobre a que circulan e chocan coches pequenos provistos de bandas protectoras. Levei os nenos aos coches de choque. De choque De acción moi enérxica e rápida. Unidade de choque. Tratamento de choque. Plan de choque contra o desemprego. Onda de choque VÉXASE onda1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!