chorar
Conxugar
Audio 1

chorar /verbos/chorar.html verbo intransitivo1 Deitar bágoas. Levaba todo o día chorando porque suspendeu un exame. Debo ter un lixo porque me chora este ollo. Chóranme os ollos por mor do fume. SINÓNIMOS bagoar, bagoxar, bagullar, esbagoar, esbagullar, lagrimexar, lepear2 [Vexetal] destilar zume. Se podas tarde, choran as videiras.3 Ter sentimento de pesar por algo. Non o fagas que despois aínda has chorar. SINÓNIMO arrepentirse4 Lamentarse con insistencia para conseguir algo. Nin chorándolle, conseguiu os seus propósitos.5 Manifestar descontento ou desgusto por algo. Non chores tanto, que as cousas non che van tan mal. SINÓNIMOS laiarse, lamentarse, queixarse6 Chamar por alguén laiándose. O cadeliño perdido choraba pola nai. verbo transitivo7 Lamentar a morte de [alguén]. Choraron moito a seu pai.8 figurado Pedir [algo] tratando de dar mágoa. Foille chorar un aprobado á profesora.9 figurado Dar de [unha cousa] o menos posible, coma se dese mágoa desfacerse dela. Aforran moito, pero o día da festa non choran os cartos. FRASES E EXPRESIÓNS CON chorar Chorar de risa Rir intensamente. Chorabamos de risa coas súas ocorrencias. Chorar os sete chorares Chorar de maneira insistente. Alí chorou os sete chorares ata que lle levantaron o castigo. Chorar por dentro Sufrir sen deitar bágoas. Cando marchou meu pai, non deitei unha bágoa, pero chorei por dentro. Facer chorar as pedras Mover a compaixón. Ver aquela nena de dez anos coidando do irmán pequeno facía chorar as pedras.Voz actualizada 2018-03-27 08:52:31 Engadíronse as acepcións 2, 6 e 7 e tamén as expresións "chorar de risa", "chorar os sete chorares", "chorar por dentro" e mais "facer chorar as pedras"

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí