circo
Audio 1

circo substantivo masculino1 Antigüidade clásica Recinto moi alongado, con remates circulares nos extremos e chanzos para os espectadores, onde os romanos realizaban espectáculos, como carreiras de cabalos, loitas de gladiadores etc. O circo romano de Mérida.2 Recinto circular estable ou ambulante, onde os artistas realizan diversos exercicios de ximnasia, acrobacia, doma de animais, espectáculos de pallasos etc., para un público que está arredor do escenario. Están montando o circo na praza da vila.3 Conxunto de exercicios e espectáculos que se fan nese recinto. De pequeno gustáballe moito o circo.4 Conxunto de persoas relacionadas con este espectáculo. Vindo para acó vimos pasar un circo.5 figurado, familiar Alboroto que semella un espectáculo. É necesario acabar dunha vez con este circo vergoñento.6 Figura en forma de círculo. Facía circos co fume no aire. SINÓNIMO círculo7 Astronomía Círculo de luz que rodea a Lúa, que se observa cando se dan determinadas circunstancias meteorolóxicas. O circo pode, ás veces, tinguirse de tons avermellados. SINÓNIMOS auréola, circo da Lúa, coroa, halo, nimbo FRASES E EXPRESIÓNS CON circo Circo da Lúa Astronomía Circo (acepción 6). Observabamos a través do telescopio o circo da Lúa. Circo glaciar Depresión en forma de anfiteatro producida pola erosión glaciar nas paredes montañosas ou no nacemento dos vales. O fondo do circo glaciar ten unha pendente moi inferior á das súas paredes. Circo lunar Astronomía Forma de relevo que é propia da superficie lunar, cunha estrutura circular, os bordos elevados e a parte interna plana. A superficie da Lúa está formada por numerosísimos circos lunares.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí