clásico, clásica
Audio 1
Audio 2

clásico (feminino: clásica) adxectivo1 Relativo ou pertencente á época de maior apoxeo dunha cultura, civilización, arte etc. Arquitectura de estilo clásico.2 Relativo ou pertencente ás antigas civilizacións grega e romana. Horacio e Virxilio son escritores clásicos.3 Relativo ou pertencente á música de tradición culta. É un amante da música clásica.4 Conforme a uns modelos ou normas establecidos. Un traxe de corte clásico. Foi unha conferencia clásica, con introdución, exposición e conclusións.5 Que é típico e habitual. E despois faremos a clásica churrascada.6 [Obra, autor] que polas súas características se considera entre os máis importantes e representativos do seu xénero. Un filme clásico do cine de terror. substantivo masculino7 Escritor da antigüidade clásica grecolatina. Breve percorrido polos mellores clásicos gregos.8 Mestre ou obra mestra dun campo do saber, dunha literatura ou doutras artes. Rosalía é un dos grandes clásicos galegos. Amais deste clásico da física, reprodúcese nestas páxinas o manuscrito dun dos máximos coñecedores da obra de Einstein. FRASES E EXPRESIÓNS CON clásico Latín clásico VÉXASE latínVoz actualizada 2018-06-13 10:39:14 Modificáronse as acepcións 5, 7 e 8

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!