claro, clara
Audio 1
Audio 2
Audio 3

claro (feminino: clara) adxectivo1 Que ten luz ou moita luz. Unha mañá clara. Un cuarto claro. ANTÓNIMO escuro2 [Ceo, tempo] sen nubes. O día está claro. ANTÓNIMOS cuberto, turbio3 [Cor] pouco intenso. Azul claro. SINÓNIMO pálido ANTÓNIMO escuro4 Doado de percibir ou comprender. Deu unha visión clara do problema. SINÓNIMO preciso CONFRÓNTESE categórico5 Que non ofrece confusión nin dúbida. Foron bastante claros nas súas peticións. SINÓNIMOS evidente, manifesto1, obvio, palpábel, palpable, patente6 [Corpo, especialmente líquido] que non ten sucidade ou impurezas. As augas claras do río. SINÓNIMOS limpo, transparente CONFRÓNTESE diáfano substantivo masculino7 Espazo baleiro entre un conxunto de cousas. Decidiron situar o parque infantil nun claro que quedaba entre os edificios.8 Espazo dun bosque en que non hai árbores ou dunha plantación onde as plantas rarean ou non chegaron a nacer. Nun claro do monte estaban pacendo uns cervos. SINÓNIMO clareiro CONFRÓNTESE descampado9 Porción de ceo que está despexado. O ceo non estaba cerrado de todo pero había poucos claros. SINÓNIMO clarencia interxección10 Úsase para asentir, como unha exclamación de afirmación. Cres que lle gustará? Claro! FRASES E EXPRESIÓNS CON claro Ás claras locución adverbial Con claridade, de maneira clara e precisa. Xa lle dixen ben ás claras que non. Poñer en claro Facer o necesario para despexar as dúbidas ou os aspectos escuros que poida presentar [algo]. Cómpre poñer en claro a situación, antes de tomar ningunha decisión. SINÓNIMOS aclarar, clarexar, clarificar

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!