clave
Audio 1

clave substantivo feminino1 Código de signos convencionais que permiten entender unha mensaxe ou un texto secretos ou cifrados. Na primeira guerra mundial, había departamentos encargados de descifrar a clave usada nas mensaxes e ordes dos inimigos. CONFRÓNTESE combinación2 Combinación de signos que permiten abrir algo que está cerrado. A clave da caixa forte.3 Música Signo que se pon ao principio dun pentagrama para indicar o nome das notas que hai nesa liña. Clave de sol.4 figurado Aquilo que constitúe a explicación dunha cousa ou que permite comprendela. O ataque por sorpresa foi a clave para vencer ao inimigo. Esa é a clave da cuestión. SINÓNIMO chave5 O que é máis importante ou de vital importancia. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción vai habitualmente en aposición despois dun substantivo Este dato é clave para comprender o problema. Está en postos clave da Administración.6 Ámbito ou sentido en que se ha de entender ou realizar algo. O problema da escasa colaboración, en clave económica, entre a Unión Europea e o Parlamento Europeo. Unha resposta colectiva da Unión en clave federal.7 Arquitectura Pedra central con que se cerra un arco ou unha bóveda. A clave adoita ser de maiores dimensións ca as outras doelas, e ás veces está decorada. FRASES E EXPRESIÓNS CON clave Clave de acceso Informática Código secreto utilizado para restrinxir o acceso a un sistema informático aos usuarios autorizados. Négase a revelarnos a clave de acceso. SINÓNIMOS chave de acceso, contrasinal En clave de locución preposicional Co carácter ou o ton de. Fixo unha exposición dos feitos en clave de humor.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!