coñecer
Conxugar
Audio 1

coñecer /verbos/coñecer.html verbo transitivo1 Ter ou chegar a ter na mente a idea de [unha cousa real ou imaxinaria]. Todo home ten a facultade de coñecer as cousas.2 Ter o suficiente dominio sobre [algo] como para poder utilizalo. Coñece o inglés. Coñece o funcionamento da máquina.3 Saber quen é ou como é [unha persoa]. Aínda que o coñezo desde cativo, pouco falei con el. Agora decátome de que non te coñezo.4 Ter relación ou trato con [alguén]. Eles coñecen moito a súa familia. Fálallo ti que o coñeces máis.5 Estar informado de [certa cousa]. Nada máis coñecer o resultado, marchou. Se queres coñecer o porqué da súa actitude, fala con el. SINÓNIMOS inquirir, saber1 ANTÓNIMOS descoñecer, ignorar6 Saber como é [un lugar], porque se estivo nel. Coñece París.7 figurado Ter relacións sexuais con [unha persoa]. Pasaba dos cincuenta e aínda non coñecera muller. verbo intransitivo8 Dereito(coñecer de) Actuar nunha causa por ser competente para xulgala. O Tribunal da Función Pública carece de competencia para coñecer deste recurso. verbo pronominal9 Notarse un efecto positivo ou negativo dunha cousa. Coñecéuselles aos repolos a auga destes días.10 [Alguén] relacionarse. Coñécense desde nenos. FRASES E EXPRESIÓNS CON coñecer Coñécese que Existir a evidencia ou a sospeita de que. Coñécese que topou a porta fechada e marchou. Dar a coñecer Anunciar ou publicar certa cousa para que se saiba. Deron a coñecer os resultados electorais. Darse a coñecer 1 [Persoa] pasar a ser coñecida por outra ou outras. Deuse a coñecer con ese disco. 2 [Persoa] identificarse. Non se deu a coñecer.Voz actualizada 2019-11-26 13:16:53 Engadiuse a acepción 8

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!