coar
Conxugar
Audio 1

coar /verbos/coar.html verbo transitivo1 Facer pasar [un líquido ou semilíquido] por un filtro ou por unha superficie porosa para separar as impurezas. Sempre coa o leite para tirarlle a tona. SINÓNIMO filtrar2 Facer pasar [algo sólido] a través dun oco ou dunha superficie con buratos de determinado tamaño. Estaba coando o centeo coa criba. Cooulle o balón polo medio das pernas.3 Facer pasar [algo], furtivamente, por un sitio ou dun sitio para outro. Lograron coar a droga pola alfándega.4 Conseguir con enganos que alguén crea ou se faga cargo de [algo]. Coáronche unha moto que tiña o motor estragado. A min xa non me coan máis trolas.5 Facer correr [metal fundido] para dentro dun molde ou dunha cavidade. Coar o ouro. Coaron o metal en moldes de area e esperaron a que solidificase. verbo pronominal6 Pasar por unha abertura ou espazo estreito. A auga coábase pola xunta das tellas. A luz coábase pola ventá. O neno coouse por entre as reixas.7 Entrar nun lugar furtivamente, ás agachadas. Non saben como se lles puido coar na casa estando as portas fechadas.8 Pasar diante dun grupo de persoas que garda vez. Intentaba coarse na caixa do supermercado pero non a deixaron. verbo intransitivo9 [Algo] resultar crible ou aceptado. O de que che doe a cabeza para non ires traballar xa non che coa máis. Tivo sorte de que lle coase toda aquela sarta de escusas sen sentido.Voz actualizada 2018-10-04 10:32:25 Engadíronse as acepcións 2, 4, 5, 6 e 9

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí