cobertura
Audio 1

cobertura substantivo feminino1 Acción de cubrir. Tivemos sorte e non choveu nada durante a cobertura do local. SINÓNIMO cubrición2 Aquilo con que se cobre algo. Cambiaron o tellado vello por unha cobertura de láminas de cinc. CONFRÓNTESE cuberta Un biscoito con cobertura de chocolate. CONFRÓNTESE capa1, envoltura3 Capa con que se recobre algo para adorno ou protección. Un anel con cobertura de ouro. Unha torta con cobertura de chocolate.4 Revestimento dunha superficie. Esa zona da praia presenta unha cobertura total de cunchas. A densa cobertura de oliveiras que caracteriza a provincia de Xaén.5 Conxunto de recursos económicos ou de bens con que se asegura o pagamento dunha débeda ou que garanten o funcionamento dun negocio, dunha operación mercantil etc. Quere montar unha tenda pero non dispón da cobertura necesaria. CONFRÓNTESE aval6 Conxunto de prestacións que proporciona un servizo. Os danos producidos por terremotos non entran na cobertura do seguro da casa.7 Acción e efecto de cubrir ou ocupar a vacante dun posto. É necesario afrontar o problema da cobertura das cátedras vacantes.8 Acción e efecto de ocuparse dun suceso para informar sobre el. A visita dos reis ao país requiriu unha ampla cobertura.9 Protección ou axuda prestada para realizar unha acción ou operación. A fuxida do asasino non sería posible sen a cobertura que lle prestaron os seus secuaces.10 Telecomunicacións Área da superficie terrestre na que se poden recibir os sinais dun satélite. A cobertura deste sitio non me permite recibir chamadas. FRASES E EXPRESIÓNS CON cobertura Cobertura aérea Milicia Protección aérea prestada por formacións de cazas sobre unha zona para evitar ataques ou voos de recoñecemento inimigos. A aviación americana garante a cobertura aérea do territorio iraquí.Voz actualizada 2018-10-04 12:33:13 Entrada con nova redacción e incorporación de acepcións

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí