cobrar
Conxugar
Audio 1

cobrar /verbos/cobrar.html verbo transitivo1 Percibir [unha compensación] en pagamento de algo. Cobroulle mil euros pola reforma. Tamén absoluto Cobra sempre a primeiros de mes. ANTÓNIMO pagar2 Resarcirse de [algo que lle fixeron a un]. E alí cobroullas ben cobradas.3 familiar Recibir [golpes] como castigo por algo. Cobrou unha boa malleira. SINÓNIMOS apañar, levar, papar Tamén absoluto Vas cobrar, estás avisado. SINÓNIMOS apañar, levar, papar4 Adquirir [algo inmaterial]. Cobroulle medo desde que viu a súa reacción violenta no partido. Tes que cobrar valor para resolver esta situación. SINÓNIMOS coller, tomar5 Volver ter [algo que se perdera]. Tardou dúas horas en cobrar o coñecemento. SINÓNIMOS recobrar, recuperar6 Tirar de [un aparello ou un cabo] recolléndoo. Os mariñeiros cobran as redes despois de largalas. Pola amura de estribor o contramestre cobrou o cabo.7 Apañar [as pezas cazadas]. O can cobraba rapidamente os coellos abatidos.Voz actualizada 2018-10-04 14:55:40 Entrada con nova redacción e acepcións novas

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí