coca

coca5 substantivo feminino Figura lendaria que representa unha serpe monstruosa e que se saca nalgunhas procesións e festas populares. A coca de Redondela. SINÓNIMO tarasca

coca

coca4 substantivo feminino (Cynodon dactylon) Planta herbácea da familia das gramíneas, que ten o talo de pouca altura, follas longas e aguzadas e flores no extremo do talo formando un grupo de tres a cinco espigas. A coca é unha planta común en moitas comarcas de Galicia. SINÓNIMOS cerreña, grama, nervia

coca
Audio 1

coca3 substantivo feminino1Coco2 Non comeu a mazá porque tiña unha coca.2 (Ascaris lumbricoides) Verme da clase dos nematodos, parasito do intestino humano e dalgúns animais. Receitoulle un xarope para as cocas. SINÓNIMO lombriga

coca
Audio 1

coca1 substantivo feminino1 (Erytrhroxylum coca) Arbusto da clase das dicotiledóneas, de flores aromáticas, miúdas e abrancazadas, que se cultiva especialmente no centro e sur de América para extraerlle da casca e das follas a cocaína. Hai grandes plantacións de coca.2 coloquial Substancia orgánica que se extrae das follas da coca e que, polas súas propiedades, é usada como narcótico ou en anestesias. Unha dose de coca. SINÓNIMOS cocaína, fariña OBSERVACIÓNS: Forma abreviada de cocaínaVoz actualizada 2024-03-06 11:12:55 Entrada con nova redacción

coca
Audio 1

coca2 substantivo feminino1 familiar Parte alta e posterior da cabeza humana. Éche novo pero xa ten a coca pelada. SINÓNIMOS cocote, coroa, couquizo, croca, curucho, curuto, toutizo2 familiar Cabeza das persoas. Non rexe da coca. SINÓNIMOS cacha1, cachamúa, cacho1, cachola, caco2, calamoucha, chola1, crisma, croca, testa3 Excrecencia arredondada que se forma en certos vexetais debido á infestación de insectos parasitos. Fixemos un colar de cocas de carballo. SINÓNIMOS bailarete, bugalla, bugallo, bullaca, bullaco, carrabouxa, carrabouxo

coca

coca6 substantivo feminino Bucle ou aro no galón superior do bordo da manga, que levan os xefes ou oficiais da Armada. Xefes militares de alto rango, con galóns e coca no puño.

coca

coca7 substantivo feminino Pata grande con pinzas dalgúns crustáceos. Quitoulle as cocas ao lumbrigante antes de partilo para botarllo ao arroz.

coca

coca8 substantivo feminino1 (Anamirta cocculus) Planta da familia das menispermáceas trepadora e de follas alternas, propia da India oriental. A sementes trituradas da coca podíanse empregar como praguicida.2 Froito velenoso, redondo e pequeno, da planta do mesmo nome. No século XIX os fabricantes de cervexa ingleses utilizaban un preparado feito coas cocas para darlle máis contido alcohólico á bebida. FRASES E EXPRESIÓNS CON coca Coca de levante 1 (Anamirta cocculus) Planta da familia das menispermáceas trepadora e de follas alternas, propia da India oriental. A coca de levante é unha planta tropical. 2 Froito velenoso, redondo e pequeno, da planta do mesmo nome. A coca de levante usábase ás veces para pescar no río.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!