cocho
Audio 1

cocho2 substantivo masculino Lugar cuberto ou agochado, como un cortello, un tobo etc., onde habitan ou se refuxian certos animais. Cocho do porco. Cocho do coello. CONFRÓNTESE cocha

cocho
Audio 1

cocho3 substantivo masculino Ubre da vaca. Esa vaca ten o cocho cheo. SINÓNIMO cochorro

cocho, cocha
Audio 1
Audio 2
Audio 3

cocho1 Para todas as acepcións SINÓNIMO porco (feminino: cocha) substantivo1 (Sus scrofa domestica) Mamífero doméstico da familia dos súidos, omnívoro, de corpo groso, pel dura e cuberta de sedas fortes, fociño longo e móbil, orellas caídas e patas e rabo curtos. Unha granxa de cochos. SINÓNIMOS chino1, marrán, marrancho, quino, rancho2 substantivo masculino2 Carne do cocho. Sempre lle bota cocho ao caldo. adxectivo3 popular Que ten sucidade. Que cocha tes a camisa! SINÓNIMOS merdeiro, merdento, sucio ANTÓNIMO limpo4 Que non se limpa, que non limpa o seu hábitat, ou que ensucia máis do normal e necesario. Os cochos son moi cochos. Que individuo tan cocho, pasa meses sen se lavar! SINÓNIMO sucio ANTÓNIMO limpo Tamén substantivo Es un cocho, lava as orellas. SINÓNIMOS merdeiro, merdento, porcallán, porcalleiro5 [Oficio, ocupación] que fai que a persoa que o realiza ou o local onde se leva a cabo se manchen moito. O traballo do ferreiro é moi cocho. SINÓNIMO sucio ANTÓNIMO limpo6 figurado Que actúa ou se comporta sen escrúpulos, sen nobreza, mesmo prexudicando os demais. Por iso, aquí entre nós, comigo fuches ben cocho. Tamén substantivo Un cocho coma el tíñaas que levar antes ou despois. SINÓNIMOS marrán, merdeiro, merdento, porcallán, porcalleiro

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!