coidado
Audio 1

coidado participio1 Participio do verbo coidar. substantivo masculino2 Realizado ou presentado con esmero e meticulosidade. Unha redacción moi coidada. CONFRÓNTESE meticuloso3 Acción de coidar (acepción 3). El só encargábase do coidado da casa e dos nenos. SINÓNIMO coido4 Temor de que ocorra ou vaia ocorrer algo malo. Fixérao tantas veces, que subía ao trapecio sen coidado.5 Atención ou esmero ao facer algo. Fai o seu traballo con moito coidado. interxección6 Expresión que se usa para advertir a alguén dun posible perigo. Coidado!, o semáforo está en vermello. FRASES E EXPRESIÓNS CON coidado Ao coidado de Baixo a responsabilidade da persoa que se expresa. Os avós están ao coidado do fillo maior. SINÓNIMO a coido de Coidados intensivos Coidados prestados a pacientes graves en salas especializadas. Segue moi grave e aínda está na unidade de coidados intensivos. Coidado que En gran medida, indicando o alto grao en que se produce algo. Coidado que son ignorantes. E coidado se son ricos, eh! Con coidado Amodo, sen realizar manobras bruscas. Abre a porta con coidado, non vaia espertar o neno. De coidado 1 [Algo] grave, que é motivo de preocupación. Levou un bo golpe, pero non parece cousa de coidado. 2 [Alguén] perigoso, que non é de fiar. Nunca lle contes nada, é un home de coidado. Non haber coidado Non haber motivo de preocupación. Vai co seu tío, non hai coidado. Non ter coidado Non ter motivo de preocupación. Non teñas coidado, fálame claro que non nos oe ninguén. Perder coidado Estar tranquilo. O asunto vaise resolver axiña, perda coidado. Ter sen coidado [Algo] non importar [a alguén]. O que lle poida pasar de hoxe en diante tenme sen coidado.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!