coidar
Conxugar
Audio 1

coidar /verbos/coidar.html Para todas as acepcións Forma menos recomendable: cuidar verbo transitivo1 Ter a idea, opinión ou sospeita de [aquilo que se expresa]. Coidaba que aquilo era fácil, pero desenganouse. SINÓNIMOS crer, pensar Coidei oír unha voz. SINÓNIMO crer Coido que estás equivocado. SINÓNIMOS achar, considerar, crer, estimar, opinar, pensar Tamén absoluto Aquel home non era tan malo como dicían, non coidas?2 Pór atención en [aquilo que se di ou fai] para obter un bo resultado. Coida moito a súa expresión. ANTÓNIMO descoidar3 Dedicar atención a [algo ou alguén], procurando que non lle suceda nada malo, que non lle falte o necesario etc. Coidar os nenos en canto son pequenos. SINÓNIMO atender ANTÓNIMO desatender verbo intransitivo4(coidar de) [Algo, alguén] dedicarlle a atención a unha cousa ou a unha persoa procurando que non lle pase nada malo. O can coida da casa. verbo pronominal5 [Alguén] dedicar atención á súa propia saúde ou ao seu aspecto. Desde que estivo enfermo, cóidase moitísimo.6 Tomar precaucións [ante algo que pode producir dano ou ser molesto]. Cóidate, que o teu veciño che anda buscando as voltas. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción, úsase frecuentemente coa preposición de: Hai que coidarse sempre das malas linguas

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!