cola
Audio 1

cola3 substantivo feminino1 Prolongación da columna vertebral de moitos mamíferos, que forma un apéndice máis ou menos longo na parte posterior do seu corpo. Cortáronlle a cola ao can. SINÓNIMO rabo2 Parte ou extremidade posterior de certos animais non mamíferos. Unha cola de peixe. SINÓNIMO rabo O faisán ten unhas plumas longas na súa cola.3 Parte posterior de certos obxectos ou aparellos. A cola do avión. A cola dun vestido.4 Serie de persoas situadas unha detrás doutra agardando a súa vez para facer algo. Había unha cola moi grande de xente á porta do cine. SINÓNIMO fila CONFRÓNTESE fileira, rea, ringleira, riola5 Astronomía Porción de gas e po que se desprende do núcleo dun cometa formando un apéndice luminoso semellante a un rabo grande. O tránsito da Terra a través da cola do cometa xerou unha maxestosa chuvia de estrelas no ceo nocturno.6 Período terminal dalgúns fenómenos meteorolóxicos. A cola dun furacán.7 Cabeleira, ou parte dela, atada ou suxeita cunha goma, fita etc. Recolleu o pelo nunha cola. SINÓNIMO coleta8 Consecuencias, xeralmente negativas, dun acto. Esta decisión do tribunal supremo vai traer cola.9 Informática Secuencia de elementos na que a operación de inserción se realiza por un extremo e a operación de extracción polo outro, de xeito que o primeiro elemento en entrar será tamén o primeiro en saír. Cola de impresión. FRASES E EXPRESIÓNS CON cola Facer cola Esperar pola vez. Levo dúas horas facendo cola para mercar as entradas para o teatro. Piano de cola VÉXASE piano1 Vagón de cola VÉXASE vagón

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!