coller
Conxugar
Audio 1

coller /verbos/coller.html verbo transitivo1 Poñer os dedos, as mans, certas partes do corpo ou un utensilio arredor, debaixo, a carón etc., de [unha persoa, animal ou cousa] para tela, levala, usala, inmobilizala etc. Colle os pratos e ponos na mesa. Colleuno polos brazos. Cólleme unha pouca auga nun vaso. Botoulle un óso ao can e colleuno no aire. Non paraba de chorar e colleuno no colo. CONFRÓNTESE agarrar, apañar, asir, tomar 2 Tomar [unha cousa] doutra persoa para usala, quedar con ela etc. Collinche o bolígrafo porque deixei o meu esquecido. Entráronlle na casa e colléronlle os documentos.3 Facer a recolleita de [un produto da terra]. Coller o millo. SINÓNIMOS apañar, recoller CONFRÓNTESE cachear4 Apresar ou matar [un animal silvestre ou salvaxe]. Colleu dúas troitas onda o muíño. En todo o día só colleu unha lebre. A nosa gata nunca un rato colleu. SINÓNIMO pillar5 Pasar a ser o dono de [algo] a cambio de diñeiro. Se vén o coche do peixe cólleme uns xurelos. Onde se collen as entradas para o concerto? SINÓNIMO pillar6 Chegar ao mesmo punto en que vai [alguén que camiña ou circula diante]. Quedou atrás pero ao baixar logo nos colleu. SINÓNIMOS alcanzar, pillar7 familiar Alcanzar e apresar [o que se persegue]. A policía colleuno cando intentaba cruzar a fronteira. SINÓNIMOS atrapar, cachar1, pillar8 Alcanzar e golpear un vehículo ou un animal [a alguén]. Colleuno un coche e está no hospital. SINÓNIMO atropelar Colleuno o touro. SINÓNIMO pillar9 Encontrar ou sorprender [alguén] en certa actitude ou lugar. Colleute desprevido. SINÓNIMO cachar1 A guerra colleuno fóra do país. SINÓNIMO pillar10 figurado, familiar Descubrir [alguén] facendo algo malo ou nunha situación comprometida. Colleunos fozando nas súas cousas. SINÓNIMOS cachar1, pillar, sorprender11 Recibir ou asimilar [certa cousa da maneira que se expresa]. Colleu a noticia con alegría e cautela. SINÓNIMO tomar12 Comezar a realizar, ver etc. [unha cousa que se atopa da maneira que se expresa]. Collemos a película empezada.13 Comezar a experimentar os efectos de [unha enfermidade, alcohol etc.]. Colleu unha borracheira terrible. SINÓNIMO papar Colleu unha gripe. SINÓNIMOS agarrar, apañar, pillar14 Estenderse por [certa cousa ou lugar]. A parálise cóllelle a metade do corpo. O concello colle unha parte da praia.15 Pasar a ter [unha calidade ou certa cousa que non se tiña]. As súas palabras fixéronnos coller confianza. SINÓNIMOS cobrar, tomar As mazás van collendo cor. SINÓNIMO tomar O pan colleu balor.16 Comezar a experimentar [unha sensación, un sentimento] por algo ou alguén. Collerlle gusto a unha comida. Colleulle manía. SINÓNIMO ganar17 Conseguir entender. Os nenos collen axiña o que lles explicas. SINÓNIMOS cachar1, captar18 Recibir o sinal de [unha emisora]. Na nosa aldea non se collen todas as emisoras. SINÓNIMO captar19 Poñer por escrito [algo con que se reproduce o que se está oíndo]. Coller apuntamentos. CONFRÓNTESE tomar20 Decidirse por [unha cousa ou persoa] entre varias. Fomos coller o peor día para ir á vila. SINÓNIMOS elixir2, escoller21 Facer uso do dereito a. Colleu quince días de vacacións. Coller un permiso.22 Facer uso de [un medio de transporte para viaxar]. Colleu o tren que ía para Vigo. SINÓNIMO tomar23 Admitir [alguén] para traballar, estudar etc., nunha empresa, centro etc. A ver se te collen na fábrica.24 Mancar [unha parte do corpo] ao quedar aprisionada. Colleu os dedos na porta. SINÓNIMO pillar25 Impregnarse [unha cousa] doutra. Os xamóns xa colleron o sal. Para que colla ben a tintura, somérxeo ben.26 Recoller [unha porción de tecido] para acurtar ou estreitar unha peza de roupa. A saia estache longa, vai ser mellor que lle collas uns centímetros. SINÓNIMOS meter, subir ANTÓNIMO baixar A costureira colleulle un pouco á cintura do pantalón. SINÓNIMO meter27 Encamiñarse por [unha determinada dirección]. Colle a estrada da Coruña. SINÓNIMOS pillar, tomar verbo intransitivo28 popular [Ferida, corte etc.] infectarse. Colleulle a vacina. SINÓNIMOS aborrecerse, asañarse, encetarse, gafarse29 Haber espazo para meter algo ou alguén. Aquí dentro xa non colle ninguén máis. SINÓNIMO caber30 Haber espazo para pasar algo ou alguén. O autobús non collía porque había un coche atrancando o camiño.31 Encamiñarse nunha determinada dirección. Colleu polo camiño do medio. SINÓNIMOS pillar, tirar FRASES E EXPRESIÓNS CON coller Collelas no aire VÉXASE aire Coller aire VÉXASE aire Coller amores VÉXASE amor Coller a palabra a (alguén) Aceptar o que alguén promete. Cólloche a palabra, e daquela aceptaremos o que diga o mediador, segundo ti propós. Coller a porta Saír para fóra. Despois daquela liorta, colleu a porta e non volveu máis. Coller e + verbo Facer inmediatamente a acción expresada polo verbo. Como aquilo non lle gustaba colleu e marchou. SINÓNIMOS agarrar e + verbo, ir e + verbo Coller gusto a (algo) VÉXASE gusto Coller o frío (a alguén) Actuar o frío sobre alguén afectando a súa saúde. Colleume o frío cando viña para casa. Coller o gusto a (algo) VÉXASE gusto Coller o tranganillo VÉXASE tranganillo Non haber por onde coller (alo, alguén) Non atopar nada de valor nin aproveitable en [algo, alguén]. Era borracho e preguiceiro, non había por onde o coller.Voz actualizada 2019-04-23 15:10:27 Engadiuse fraseoloxía

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí