colocar
Conxugar
Audio 1

colocar /verbos/colocar.html verbo transitivo1 Poñer [unha persoa ou cousa] no lugar que lle corresponde, con coidado ou dunha determinada maneira. Colocar os pratos enriba da mesa. ANTÓNIMOS descolocar, desordenar Colocounos nun lugar estratéxico. CONFRÓNTESE dispoñer, dispor, ordenar2 Proporcionar un emprego a [alguén]. Colocouno na súa empresa nun posto moi bo. SINÓNIMO empregar CONFRÓNTESE contratar3 figurado Procurar a [alguén] unha posición ou emprego que lle permita vivir máis ou menos comodamente. OBSERVACIÓNS: Pode ir seguido de adverbios como ben, mal etc. Non sei onde vou colocar os fillos. Colocou ben a todos os sobriños.4 Empregar [os cartos] en algo para que produzan un beneficio. Colocou todo o seu capital en accións. SINÓNIMO investir5 figurado, familiar Conseguir que alguén acepte [unha cousa que é difícil vender ou da que é difícil desfacerse]. Por fin coloquei aquel sofá tan horrible.6 Facer que alguén adquira [unha cousa]. Ten que colocar toda a mercadoría nesta semana. SINÓNIMO vender verbo pronominal7 [Persoa, cousa] poñerse no lugar que lle corresponde, con coidado ou dunha determinada maneira. Colócate ben e goza do espectáculo. SINÓNIMOS acomodarse, situarse Con ese dispositivo o proxectil colócase en posición de tiro. SINÓNIMO situarse8 [Persoa] coller emprego nalgún sitio. Colocouse nun banco. SINÓNIMO empregarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!