combinación
Audio 1

combinación substantivo feminino1 Acción e efecto de combinar ou combinarse. Unhas substancias son máis adecuadas ca outras para a combinación. A cor verde é resultado da combinación de azul e amarelo. Esta é a combinación ganadora.2 Cousa que resulta de combinar outras. Eses dous xogadores son a combinación perfecta para ganar.3 Clave, xeralmente numérica, que serve para abrir ou facer funcionar certos dispositivos, aparellos etc. Descoñecía a combinación de apertura da porta de acceso ás instalacións da empresa.4 Enlace entre varios medios de transporte para poder chegar a un destino. Non tiña combinación para Ourense, e decidiu facer noite alí.5 Peza de roupa interior feminina, de nailon, liño, satén etc., que, xeralmente, vai desde os ombreiros ou o van ata o xeonllo. A miña avoa usaba sempre combinación. SINÓNIMO biso CONFRÓNTESE enagua6 Química Unión de dous ou máis elementos simples para formar un composto. Combinación química.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!