comer
Conxugar
Audio 1

comer /verbos/comer.html verbo transitivo1 Introducir na boca [un alimento sólido] e envialo. Eu vou comer un bisté con patacas. Comer o caldo. SINÓNIMO tomar O voitre come preas. Tamén absoluto Hai que ver como come! SINÓNIMOS manducar, papar CONFRÓNTESE inxerir1 Se queres poñerte ben, tes que comer. OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido da preposición en Sentouse alí a comer na mazá.2 Tomar a comida do mediodía. Mañá comemos peixe. Tamén absoluto Xa é hora de comer. SINÓNIMO xantar13 figurado Consumir [unha cousa] un axente físico ou químico. A humidade foille comendo toda a pintura á casa.4 figurado Consumir [a alguén] moral ou fisicamente un problema, unha enfermidade etc. A enfermidade vaino comendo pouco a pouco.5 Gastar [diñeiro ou bens] sen control. En poucos días comeu todo o que herdara. SINÓNIMO gastar6 Apagar [unha cor] pola acción dun axente físico. O sol comeulles a cor aos libros dos estantes.7 coloquial Enfurecerse con alguén. Mi madriña, case me come!8 coloquial Omitir [algo] ao falar ou escribir. Escribe tan á présa, que sempre come algunha letra.9 Eliminar [unha ficha ou peza] do contrincante nun xogo de mesa. Se lle comes unha ficha contas vinte. verbo intransitivo10 Producir comechón. Esta ferida cómeme un mundo. SINÓNIMOS picar, proer FRASES E EXPRESIÓNS CON comer Comer as palabras Falar apresuradamente omitindo sílabas ou palabras, ou omitilas nun escrito. Ás veces come as palabras e non se lle entende o que di. Comer os demos a un VÉXASE demo Comer a fartar VÉXASE fartar Comer coma unha lima VÉXASE lima1 Comer cos ollos VÉXASE ollo Comerlle (a alguén) as papas na cabeza VÉXASE papa2

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí