competencia
Audio 1
Audio 2

competencia substantivo feminino1 Feito de competir con outro ou outros. As dúas empresas están en competencia por ocupar a primeira praza en número de vendas.2 Persoa ou grupo con quen se compite. Pasouse á competencia.3 Aptitude, habilidade ou idoneidade para facer algo. Non ten competencia para falar dese tema. A súa competencia para enxertar é coñecida en toda a bisbarra. Non ten competencia suficiente para formar parte dese tribunal. ANTÓNIMO incompetencia CONFRÓNTESE capacidade4 Atribución que legalmente lle corresponde a unha entidade pública, a unha autoridade xudicial ou administrativa, ou a un colectivo profesional. A Comunidade Autónoma ten transferidas as competencias en educación. Neste documento recóllense as competencias dos aparelladores. OBSERVACIÓNS: Utilízase habitualmente en plural FRASES E EXPRESIÓNS CON competencia Competencia lingüística Coñecemento que capacita unha persoa para falar e entender unha lingua. Practica inglés con falantes nativos para mellorar a súa competencia lingüística. Datos sociolingüísticos sobre competencias lingüísticas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!