complemento
Audio 1
Audio 2

complemento substantivo masculino1 O que se engade a unha cousa para completala nalgún aspecto. As xoias son un complemento para a beleza das persoas. SINÓNIMO aditamento CONFRÓNTESE suplemento2 Matemáticas Ángulo que debe engadírselle a outro para formar un ángulo recto. O complemento dun ángulo.3 Gramática Palabra ou conxunto de palabras que completan o significado dalgún elemento da frase. Suxeito, predicado e complementos.4 Cada un dos obxectos de adorno que completa a indumentaria masculina ou feminina. OBSERVACIÓNS: Adoita empregarse en plural Aos amigos sempre lles regala complementos como guantes, cintos e outros. SINÓNIMO accesorio5 Cantidade que recibe un traballador por certos conceptos ou servizos, á marxe do seu salario base. Aínda non cobrou os complementos.6 Informática Programa de fácil instalación que engade unha nova función a outro programa ou aplicación. Preciso un complemento para poder ver animacións. CONFRÓNTESE suplemento FRASES E EXPRESIÓNS CON complemento Complemento axente Expresa o complemento dun verbo en pasiva, introducido por por ou por de, que indica quen ou que é o que realiza a acción. Na frase ‘O incendio foi sufocado polos bombeiros’, ‘polos bombeiros’ é o complemento axente. Complemento circunstancial O que expresa a circunstancia de tempo, modo, lugar etc., da acción do verbo. Na frase ‘A súa casa está no final da rúa’, ‘no final da rúa’ é o complemento circunstancial. Complemento directo O que completa o significado dun verbo transitivo ou obxecto que recibe a acción dun verbo directamente. ‘Unhas mazás’ é o complemento directo da frase ‘Mercaron unhas mazás no mercado’. SINÓNIMO obxecto directo Complemento indirecto O que expresa a persoa ou cousa que recibe a acción verbal indirectamente. En ‘Trouxéronlles un anel ás rapazas’, ‘ás rapazas’ é o complemento indirecto. SINÓNIMO obxecto indirecto

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!