cono
Audio 1

cono1 substantivo masculino e interxecciónCona Seica che proe o cono! Cono, iso non o sabía eu!

cono
Audio 1

cono2 substantivo masculino1 Matemáticas Figura con base circular ou elíptica e coa parte superior acabada en punta. Un xeado en forma de cono.2 Calquera obxecto coa forma dese corpo xeométrico. Os conos dos altofalantes son de pasta de celulosa ou doutros materiais. Por causa das obras na estrada, os gardas colocaron conos de plástico para desviar o tráfico.3 Botánica Froito das árbores das coníferas. O cono dos cedros é recto, cilíndrico e verdoso.4 Anatomía Célula do ollo, que recibe as impresións luminosas de cor. Os conos son os principais responsables da visión das cores.5 Xeoloxía Relevo formado pola lava, a cinza e a escoura que caen arredor dun volcán. O Cotopaxi formou o seu cono sobre un volcán anterior moi erosionado. FRASES E EXPRESIÓNS CON cono Cono truncado Matemáticas Porción dun cono comprendida entre a base e outro plano que corta todas as súas xeratrices. O edificio que alberga o museo recorda un cono truncado.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!