contar
Conxugar
Audio 1

contar /verbos/contar.html verbo transitivo1 Asignar un número a [cada unha das persoas ou cousas dun conxunto para saber cantas hai]. Contar as persoas que asistiron á reunión. O pastor púxose a contar as ovellas para ver se lle faltaba algunha. Contaba os días que lle quedaban para rematar o servizo militar. SINÓNIMO computar2 Incluír nunha lista ou relación [algo ou alguén]. Cóntao entre os seus grandes amigos. Non o contaron entre os posibles candidatos a presidente.3 Ter a alguén en consideración [certa cousa]. Contáronlle a súa contribución ao desenvolvemento cultural do país. Contáronlle os seus méritos á hora de elixilo. SINÓNIMO valorar4 Ter a esperanza de [que algo aconteza]. Conto vervos mañá.5 Ter [certa idade]. Contaba vinte anos cando marchou para fóra.6 Expoñer oralmente [un conto, historia ou suceso]. Cóntame que che pasou. Contar contos. SINÓNIMOS narrar, relatar verbo intransitivo7 Ir dicindo os números por orde. Sabe contar ata dez.8 Ter importancia. Eses méritos non contan para nada neste concurso. Non conta a forza senón a intelixencia. SINÓNIMO importar9(contar con) Dispor da cousa que se expresa. Non conta cos medios necesarios para desenvolver unha actividade plena. Contou coa axuda do xefe para a súa promoción.10(contar con) Incluír algo ou alguén na participación de certa cousa. Para realizar este proxecto é necesario contar con el.11(contar con) Ter a esperanza de que aconteza algo. Conto con que mañá non chova para poder ir de excursión.12(contar con) Ter certa idade ou antigüidade. Este monumento conta con máis de cen anos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí