conto
Audio 1

conto substantivo masculino1 Narración de feitos fantásticos e aventuras que se contan de maneira oral, para entreter, ou por escrito, como un relato literario breve. O avó contáballes contos aos netos polas noites. SINÓNIMO historia Está a recoller contos populares. CONFRÓNTESE fábula, lenda Merquei un libro de contos de Ferrín.2 Cousa falsa ou rumor sen fundamento que se contan como certos, xeralmente con mala fe ou como escusa. A min non me veñas con eses contos. Iso todo é un conto que acabas de inventar. SINÓNIMOS fábula, historia CONFRÓNTESE canfurna, canfurnada3 Caso do que se trata, asunto en cuestión. O conto foiche así. Imos ao conto. Ese xa é outro conto.4 Aparencia enganosa coa que se adorna un para simular máis do que é. Non te fíes das súas calidades que todo é conto. Ten moito conto.5 familiar Calquera obxecto, sobre todo se non se coñece ou non se lembra o seu nome. Acádame eses contos de aí do chineiro. SINÓNIMOS chintófano, chisme, couso1 FRASES E EXPRESIÓNS CON conto Estar no cabo do conto VÉXASE cabo Vir a conto Estar relacionado co asunto de que se trata. Iso non vén a conto. SINÓNIMOS ser do caso, vir ao caso Vivir do conto Vivir sen traballar aproveitándose dos demais por medio de astucias e enganos. Pouco traballa, vive do conto.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!