conxunta
Audio 1
Audio 2

conxunta substantivo feminino Punto de unión entre dous ósos. O pulso é a conxunta entre os ósos da man e do brazo. SINÓNIMOS artellamento, articulación, xoga, xogo, xunta1, xuntura

conxunto, conxunta
Audio 1
Audio 2
Audio 3

conxunto (feminino: conxunta) adxectivo1 Que se dá ou se fai xunto con outra cousa, ao mesmo tempo e co mesmo fin. Cómpre realizar esforzos conxuntos para resolver o problema. Actuar de maneira conxunta. Unha base militar de utilización conxunta. CONFRÓNTESE común, simultáneo substantivo masculino2 Reunión das partes ou elementos que constitúen un todo considerado como unha unidade. Hai que ter en conta un conxunto de feitos que inciden no problema. Apóiaos todo un conxunto de xente con moito poder. SINÓNIMOS grupo, serie3 Matemáticas Reunión de elementos considerados como unha totalidade. O conxunto dos números primos. FRASES E EXPRESIÓNS CON conxunto Conxunto baleiro Matemáticas Conxunto que non contén ningún elemento. O número de elementos dun conxunto baleiro é 0. Conxunto musical Grupo de músicos e cantantes que actúan xuntos. Un conxunto musical irlandés tocou durante a cea de homenaxe. CONFRÓNTESE banda2, orquestra Conxuntos disxuntos Matemáticas Conxuntos que non teñen ningún elemento en común. A intersección de dous conxuntos disxuntos é un conxunto baleiro. En conxunto locución adverbial Na súa totalidade, de maneira global. Valoraron os danos en conxunto.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!