copa
Audio 1
Audio 2

copa substantivo feminino1 Vaso de distintas formas, xeralmente de vidro, que se sostén sobre un pé e serve fundamentalmente para beber. Unha copa de champaña.2 por extensión O contido dese vaso. Tomou unha copa de viño.3 por extensión Bebida alcohólica servida nun recipiente deste tipo. Saímos tomar unhas copas.4 Obxecto de metal de forma semellante á da copa, xeralmente máis grande e ornamental, que se entrega ao vencedor dunha competición. Ao final do torneo, entregáronlle a copa ao equipo gañador.5 Competición deportiva. Vaise xogar a fase final da copa do rei.6 Parte superior dunha árbore, formada polo conxunto das pólas. As altas copas dos piñeiros.7 Parte superior oca do sombreiro, que cobre a cabeza. A copa e a aba. substantivo feminino plural8 Un dos catro paus da baralla, representado por unhas copas. Trunfan copas. OBSERVACIÓNS: Tamén se usa, ás veces, en singular Fallou cunha copa e levou a baza.

copo, copa
Audio 1
Audio 2
Audio 3

copo2 (feminino: copa) adxectivoCopado Quedou copo cando lle dixeron que aprobara o exame.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!