coroa
Audio 1

coroa substantivo feminino1 Peza ornamental de forma circular, de distintos materiais, que se pon arredor da cabeza, xeralmente como sinal de honra, autoridade ou nobreza. Puxéronlle unha coroa ao vencedor. Coroa de loureiro. Coroa real.2 Obxecto formado por unha serie de flores ou follas dispostas en círculo. Unha coroa funeraria.3 Institución que ten como representación unha coroa, especificamente a real. O herdeiro da coroa. A coroa de Inglaterra. CONFRÓNTESE monarquía4 Astronomía Círculo de luz arredor dun astro, que se observa cando se dan determinadas circunstancias meteorolóxicas. Coroa do Sol. Coroa da Lúa. SINÓNIMOS auréola, halo, nimbo CONFRÓNTESE circo, circo da Lúa5 Anatomía Parte do dente que sobresae da enxiva. A coroa é de cor branca e está revestida do esmalte.6 Parte superior e posterior da cabeza do home, de onde sae o pelo en distintas direccións. Empezou a caerlle o pelo pola coroa. SINÓNIMOS coca2, cocote, couquizo, croca, curucho, curuto, toutizo7 Tonsura circular nesta parte da cabeza. “O señor cura non baila porque ten unha coroa...”.8 Moeda antiga de distintos valores e usada en distintos países, que se caracterizaba por levar unha coroa gravada nunha das súas caras. En diferentes momentos da historia de España acuñáronse coroas.9 Unidade monetaria de Suecia, Noruega, Dinamarca, Islandia, Eslovaquia e a República Checa. Coroa danesa. Coroa sueca.10 Moeda que representa esta unidade. Cando veu de Suecia trouxo algunhas coroas.11 Roda pequena dentada coa que se dá corda ou se pon en hora certo tipo de reloxos. Perdín a coroa do reloxo e tiven que mercarlle outra. SINÓNIMO cebola12 Botánica Conxunto de apéndices dispostos en círculos entre a corola e os estames de certas flores. As flores das cebolas das gaivotas teñen unha coroa branca. FRASES E EXPRESIÓNS CON coroa Clérigo de coroa VÉXASE clérigo Coroa de ovación Coroa oval. O xeneral levaba unha coroa de ovación. Coroa gramínea Coroa obsidional. Sertorio recibiu unha coroa gramínea por enfrontarse aos celtiberos. Coroa naval Antigüidade clásica Coroa que se lle daba ao primeiro soldado que saltaba a unha nave inimiga durante un combate naval. As coroas navais adoitaban estar adornadas con proas de naves. SINÓNIMOS coroa rostrada, coroa rostral Coroa obsidional Coroa de grama que se lle concedía ao que liberaba unha praza asediada. Q. Fabio Maximo Cúnctator obtivo unha coroa obsidional. SINÓNIMO coroa gramínea Coroa oval Coroa de arraián que levaba posta o xeneral ao que se lle tributaba unha ovación. A coroa oval é en si unha figura heráldica no escudo paraguaio. SINÓNIMO coroa de ovación Coroa rostrada Antigüidade clásica Coroa naval. O escudo leva unha coroa rostrada de metal amarelo. Coroa rostral Antigüidade clásica Coroa naval. A coroa rostral adóptase como timbre do brasón de Viegues.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí