corpo
Audio 1

corpo substantivo masculino1 Calquera porción de materia ou calquera obxecto material. Un corpo estraño produciulle unha irritación no ollo. A densidade dun corpo está en relación coa súa masa e volume.2 Parte material ou física completa dun animal ou dun ser humano, por oposición neste último caso á parte non material ou psíquica. Non é bo para o corpo. SINÓNIMO organismo A ovella ten o corpo cuberto de la. Tremíame todo o corpo co frío.3 Figura externa que presenta. Ten un corpo moi bonito.4 Cadáver dunha persoa. Un funeral de corpo presente. Apareceu un corpo aboiando nas augas do porto.5 A parte máis voluminosa dun animal ou dunha persoa, de onde saen a cabeza e as extremidades, por oposición a elas. Ten os brazos e as pernas moi longas para o seu corpo. CONFRÓNTESE tronco6 Parte principal de algo. O corpo dun edificio.7 Consistencia, densidade, textura etc., dunha substancia. O corpo dun papel. O corpo dun viño.8 Colectividade de individuos que realizan unha mesma actividade e posúen uns intereses comúns. O corpo diplomático, médico, docente. O corpo de bombeiros. Espírito de corpo. CONFRÓNTESE casta, caste, clase9 Imprenta Tamaño do tipo de letra. Imprimir un texto en redonda do corpo doce. FRASES E EXPRESIÓNS CON corpo A corpo locución adverbial Sen abrigo, con pouca roupa. Podes saír a corpo que non vai ningún frío. SINÓNIMOS en cós, en mangas de cós Corpo a corpo locución adverbial Con contacto físico entre os combatentes, exercendo a súa forza corpo contra corpo. Loitar corpo a corpo. OBSERVACIÓNS: Úsase tamén como un substantivo masculino A batalla rematou nun terrible corpo a corpo. Corpo caloso Anatomía Masa de substancia branca que conecta os dous hemisferios cerebrais. O corpo caloso ten forma arqueada. Corpos cetónicos Medicina Substancias químicas, como a acetona, que se acumulan no sangue por unha alteración no metabolismo dos glícidos. Acidose provocada pola presenza de grandes cantidades de corpos cetónicos. Dar o corpo (algo) Dar o corazón. Xa mo daba o corpo, sabía que algo lle ía pasar. En corpo e alma locución adverbial Con total dedicación e esforzo. Entregarse en corpo e alma a unha causa. Facer de corpo Expulsar os excrementos. Ten que tomar todos os días un zume de laranxa para facer de corpo. SINÓNIMOS cagar, defecar, ensuciar, evacuar, facer de ventre, ir de ventre Mal corpo coloquial Malestar físico, especialmente dixestivo. Hoxe non vou xantar, que teño mal corpo, algo me sentou mal. Pedir (algo) o corpo Apetecer, ter ganas de algo. Pídeme o corpo un xeado. Tomar corpo (algo) Empezar a concretarse ou a realizarse un proxecto, unha idea etc. A súa tese xa comeza a tomar corpo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!