corrente
Audio 1
Audio 2

corrente adxectivo1 [Auga] que corre ou está en movemento. A auga do río é corrente.2 [Ano, mes] no que se está. O día dez do corrente mes. En xuño do corrente ano.3 Que non sobresae ou destaca por algunha característica ou calidade. Unha persoa corrente. Viño corrente. Linguaxe corrente. SINÓNIMOS común, normal, ordinario ANTÓNIMOS característico, especial, extraordinario, particular, peculiar CONFRÓNTESE mediocre4 Que se dá de modo xeral, que sucede case sempre. Un costume moi corrente entre certo tipo de xente. É corrente nel chegar tarde. SINÓNIMOS frecuente, habitual ANTÓNIMO infrecuente substantivo feminino5 Física Fluxo de masas fluídas que se desprazan. Un río é unha corrente de auga. SINÓNIMO curso Corrente de aire quente. Correntes mariñas.6 Electricidade Movemento continuo e ordenado de partículas eléctricas entre dous puntos de distinto potencial. Cortar a corrente. SINÓNIMOS corrente eléctrica, electricidade, fluído, fluído eléctrico, forza, luz7 Manifestación humana dunha actividade ou idea que leva unha determinada dirección. Corrente de pensamento, de opinión. A corrente romántica literaria. SINÓNIMO movemento CONFRÓNTESE tendencia FRASES E EXPRESIÓNS CON corrente Ao corrente Actualizado, ao día. Leva os seus asuntos ao corrente. Ao corrente (de)Informado Non estou ao corrente desa noticia. Auga corrente Sistema de distribución de auga ás vivendas por medio de tubos. Hoxe estivemos sen auga corrente todo o día. Conta corrente VÉXASE conta Contra corrente 1 En sentido contrario ao da corrente. Navegaban contra corrente. 2 figurado En contra do que é xeral ou comunmente admitido. Ir contra corrente. Corrente alterna Electricidade Corrente eléctrica que cambia o seu sentido de circulación de forma periódica. A corrente alterna ten moitos usos pola súa facilidade de transformación. Corrente continua Electricidade Corrente eléctrica na que o movemento das partículas se produce sempre na mesma dirección e sentido entre dous puntos sometidos a unha diferenza de potencial. A corrente continua utilízase en moitos aparellos de pequena voltaxe alimentados con batería. Corrente eléctrica Electricidade Corrente (acepción 6). Non podes facer as papas co batedor porque non hai corrente eléctrica. Levar a corrente (a alguén) coloquial Amosarse de acordo cunha persoa, aínda cando se pense que non ten razón. Sempre lle leva a corrente ao avó para que non se desguste. SINÓNIMO seguir a corrente Seguir a corrente (a alguén) coloquial Levar a corrente. Síguelle a corrente e despois fai o que che pareza. Toma de corrente VÉXASE toma1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!