correr
Conxugar
Audio 1

correr /verbos/correr.html verbo intransitivo1 Desprazarse a pé con rapidez, dando pasos longos e elevando un pé antes de pousar o outro. Botouse a correr ao ver o lobo. A avestruz é un dos animais que máis corren.2 Participar nunha carreira deportiva. Nesta proba corren corenta ciclistas.3 [Vehículo, condutor] ir a moita velocidade. Non corras tanto que hai moitas curvas. As motos corren máis ca os coches.4 Actuar ou traballar á présa. Amáñame ese asunto correndo. Veña, corre, acaba iso e marchemos!5 [Líquido, aire] moverse dun sitio para outro, con máis ou menos velocidade. Correr o sangue polas veas. Auga que corre pódese beber. Nese alto corre moito vento.6 [Tempo] seguir o seu curso. Os días corrían e seguiamos sen ter noticias. SINÓNIMOS pasar1, transcorrer7 [Rumor, noticia] pasar dunhas persoas a outras. Corren rumores de que o presidente vai presentar a renuncia. SINÓNIMO circular2 A noticia correu axiña entre a poboación. SINÓNIMOS difundirse, divulgarse, espallarse, propagarse8(correr con) Estar ao cargo de algo que se expresa. O secretario corre cos asuntos administrativos. CONFRÓNTESE encargarse verbo transitivo9 Facer que corra ou fuxa [unha persoa ou animal]. Correr o lobo. Correron o ladrón. SINÓNIMO espantar CONFRÓNTESE escorrentar10 Mover [unha cousa] dun sitio para outro empuxando máis ou menos suavemente. Correr as cortinas. ANTÓNIMO descorrer Correr o ferrollo da porta. Correr un moble de sitio.11Percorrer Correu todas as tendas da cidade. Correu Europa de lado a lado. FRASES E EXPRESIÓNS CON correr A correr locución adverbial Á présa ou con velocidade. Tivemos que facer as compras a correr. SINÓNIMO a todo correr A todo correr locución adverbial A correr. Fíxosenos tarde e tivemos que andar a todo correr. Correr a escola VÉXASE escola Correr a voz VÉXASE voz Correr (algo) da conta (de alguén) Ocuparse ou facerse alguén responsable de algo. Isto corre da miña conta, ti non te preocupes. SINÓNIMO correr pola conta Correr perigo VÉXASE perigo Correr (algo) pola conta (de alguén) Correr da conta. Eu non pago, corre pola túa conta. Correr un risco VÉXASE risco2 Deixar correr Permitir que se diga ou faga certa cousa aínda que sexa mentira ou poida ser prexudicial. Non fagas caso do que oes, deixa correr. Pegar a correr VÉXASE pegar

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí