corta
Audio 1

corta1 substantivo feminino1 Acción e efecto de cortar árbores, arbustos, cereais, herba etc. Hai que lle dar unha corta á herba. SINÓNIMO corte1 Está prohibida a corta indiscriminada de árbores. SINÓNIMO talla1 No verán faise a corta do trigo. SINÓNIMOS sega, seitura2 Larva de insecto da orde dos coleópteros que se alimenta de substancias vexetais, especialmente de madeira. Antes de restaurar o moble tes que eliminar a corta. SINÓNIMOS caruncho, couza, rela1, traza1, trilla3 Po que produce este insecto, despois de dixerir a materia que roeu. Colle un pano e limpa a corta que hai enriba da mesa. SINÓNIMOS caruncho, couza, rela1, traza1, trilla4 (Gryllotalpa gryllotalpa) Insecto da orde dos ortópteros semellante ao grilo, pero de maior tamaño, co primeiro par de patas adaptado para escavar. Este ano a corta causou moito dano nas plantacións. SINÓNIMOS alacrán ceboleiro, cortón, grilo ceboleiro, osa, ralo, relo35 Pequeno mamífero insectívoro semellante a un rato pero co fociño máis longo e aguzado. O gato traía unha corta na boca.6 Rato grande que vive nos prados, onde escava buratos redondos, e que se distingue do resto das ratas por ter o rabo moi curto. A corta ten o prado cheo de buratos.7 Canle pola que se distribúe a auga nos prados de regadío. Hai que facer cortas para a rega do prado.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!