cortar
Conxugar
Audio 1

cortar /verbos/cortar.html verbo transitivo1 Facer unha fenda en [un corpo], quitarlle un anaco ou separalo en varias partes cun instrumento de gume. Cortar árbores. SINÓNIMO tallar Cortar un papel coas tesoiras. Cortei un pouco de xamón. As castañas hai que cortalas antes de as asar. SINÓNIMOS adentar, amordicar, amozcar, anozcar, ataniscar Tamén absoluto Este coitelo non corta ben. Non cortaches dereito.2 Ferir [unha parte do corpo] ao manipular un obxecto con gume. Ten coidado, non vaias cortar un dedo.3 Impedir [o paso ou a comunicación] entre dúas partes. O Concello cortou a subministración de auga. A policía cortou a estrada por causa do accidente. O inimigo cortoulles a retirada.4 Facer que cese [algo] por un momento ou definitivamente, impedir que vaia a máis, que se desenvolva. Cortar unha relación. SINÓNIMO interromper Cortar unha hemorraxia. SINÓNIMOS atallar, deter Cortar a electricidade. Cortar o lume.5 Impedir que [alguén] continúe o que estaba dicindo ou facendo. Déixame falar, non me cortes. SINÓNIMO interromper6 Dar forma coas tesoiras a un tecido co que se vai confeccionar [unha peza de roupa, unha parte dela ou outra confección]. Cortar un vestido. Tamén absoluto Aprendeu a cortar cun xastre.7 Omitir [unha ou varias partes dunha obra] por causa da censura ou para facela máis curta. Cortaron varias escenas da película. Cortar un discurso.8 Dividir [unha cousa] atravesándoa. O río corta a vila pola metade. SINÓNIMO partir9 Separar os constituíntes de [un alimento] de maneira que a parte líquida quede separada da parte sólida. O limón corta o leite.10 Separar [o mazo de cartas] en dúas partes. Baralla as cartas antes de cortalas. Tamén absoluto Xa cortei, dá.11 Cohibir [a alguén] dificultándolle que actúe con naturalidade. A súa presenza cortábao.12 Producir unha sensación de frío moi forte a [alguén]. Vai un frío que corta a circulación. Tamén absoluto Este vento corta.13 Causar gretas en [a pel]. O frío cortoume os labios.14 Matemáticas Atravesar unha liña ou un plano [outra liña ou outro plano]. A recta secante é a que corta outra.15 Informática Pasar ao portapapeis [un documento ou unha parte del] eliminándoa do lugar orixinal. Se queres pasar este parágrafo para o final, selecciónao, córtao e pégao alí. verbo intransitivo16 Tomar unha determinada dirección para facer máis curto o camiño. Se queres chegar antes, corta por ese camiño que atravesa o monte. SINÓNIMO atallar verbo pronominal17 [Comunicación] interromperse. Estaba falando por teléfono e cortouse a chamada.18 [Persoa] ferirse ao manipular un obxecto con gume. Corteime cunha navalla.19 [Alimento] separarse a parte líquida da parte sólida. Cortóuseme a maionesa. SINÓNIMO trazarse20 [Persoa] cohibirse sen saber que facer ou que dicir. Córtase moito cos nosos amigos.21 Matemáticas [Liñas, planos] atravesarse. As liñas perpendiculares córtanse formando ángulo recto.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!