cota
Audio 1

cota1 substantivo feminino Historia Armadura que cubría o corpo, feita nun principio de coiro provisto de cravos e máis tarde de mallas de ferro entretecidas. Os cabaleiros, ataviados coas súas cotas, rendían tributo ao rei.

cota
Audio 1

cota2 substantivo feminino Lado oposto ao gume dunha ferramenta cortante. A cota da navalla, do fouciño. ANTÓNIMOS corte1, fío, gume

cota
Audio 1

cota3 substantivo feminino1 Cantidade de diñeiro que lle corresponde pagar a cadaquén nun gasto común, como asignación tributaria ou como contribución ao mantemento dunha entidade da que forma parte. A asemblea do club decidiu non subir a cota mensual. A comunidade de veciños estableceu unha cota extraordinaria para amañar o edificio.2 figurado Parte proporcional dun todo, que lle corresponde a cadaquén. Todos temos que asumir a nosa cota de responsabilidade. FRASES E EXPRESIÓNS CON cota Cota de mercado Porcentaxe de participación dunha empresa no mercado no que opera. As pequenas tendas perderon máis da metade da súa cota de mercado. Cota de pantalla Porcentaxe de espectadores dun programa con respecto á totalidade dos que están vendo a televisión nese período de tempo. O programa deportivo foi o que conseguiu onte maior cota de pantalla.

cota

cota4 substantivo feminino Referencia que se pon nun libro ou documento para a súa identificación e ordenación nun arquivo ou biblioteca. Un erro na cota fíxolles pensar que o documento estaba perdido. SINÓNIMO sinaturaVoz actualizada 2019-05-15 09:51:08 Engadiuse esta entrada

coto, cota
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4
Audio 5

coto3 Para todas as acepcións SINÓNIMO toco3 (feminino: cota) adxectivo1 [Membro, dedo] que non está completo ou enteiro porque se lle amputou un anaco. Ten o dedo polgar coto. SINÓNIMOS coteno2, toqueno2 Que ten un dedo ou un membro mutilado. OBSERVACIÓNS: Se non se especifica nada, enténdese que se trata dun brazo ou dunha man É coto a causa dun accidente. SINÓNIMOS coteno2, toqueno CONFRÓNTESE manco, maneto Un home coto dunha perna. SINÓNIMOS coteno2, toqueno CONFRÓNTESE coxo1 Tamén substantivo Veu un coto vender rifas para o sorteo. CONFRÓNTESE manco, maneto substantivo masculino3 Parte que queda dun dedo ou dun membro que foi amputado. Apóiase na mesa cos cotos dos brazos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí