cravar
Conxugar
Audio 1

cravar /verbos/cravar.html verbo transitivo1 Introducir [un cravo ou outro obxecto rematado en punta] nun corpo ou superficie. Cravar puntas na parede. Cravoulle o puñal no peito. SINÓNIMOS chantar, espetar ANTÓNIMOS descravar, desencravar CONFRÓNTESE afincar, espichar, fincar2 Fixar con cravos ou con outros obxectos aguzados. Cravar un cadro na parede. ANTÓNIMOS descravar, desencravar3 Facer presión sobre [un corpo] contra un obxecto aguzado, de xeito que este quede introducido naquel. Cravar a carne nun espeto. Cravárono nun pau. SINÓNIMOS chantar, espetar CONFRÓNTESE afincar, espichar, fincar4 Introducir involuntariamente [un obxecto rematado en punta] nalgunha parte do corpo. Ía por riba dunhas táboas e cravou unha punta nun pé. SINÓNIMOS chantar, espetar CONFRÓNTESE afincar, espichar, fincar5 Fixar con intensidade [os ollos, a vista, a mirada] en algo ou en alguén. Cravou os ollos naquel meniño e non deixaba de miralo.6 coloquial Cobrarlle a [alguén] unha cousa demasiado cara. Cravouno, iso non custa nin a metade. SINÓNIMO estafar CONFRÓNTESE roubar verbo pronominal7 [Algo, alguén] bater contra un obxecto aguzado e quedar este introducido naquel. O balón cravouse no enreixado. SINÓNIMOS chantarse, espetarse8 [Obxecto aguzado] introducirse nalgunha parte do corpo. Ao dar a volta cravóuselle un ferro nunha perna. SINÓNIMOS chantarse, espetarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!