creba
Audio 1

creba Para todas as acepcións SINÓNIMO quebra substantivo feminino1 Acción e efecto de crebar ou crebarse algo. A torre está en ruínas: ten moitas crebas. SINÓNIMOS fenda, fendedura, físgoa, fisura, grecha, greta, laña, laño, quebradura, regaña A creba dun óso. SINÓNIMOS crebadura, fractura, partidura, quebradura, rotura CONFRÓNTESE fisura2 Saída dun órgano ou parte del do lugar en que se atopa normalmente, a través dun orificio natural ou patolóxico. Púxose a traballar sen estar recuperado e iso provocoulle unha creba. SINÓNIMOS crebadura, hernia, quebradura3 Vulto que se forma por certo tipo de crebas. Operárono dunha creba que tiña. SINÓNIMOS crebadura, hernia, quebradura4 Situación da empresa que non pode afrontar as súas débedas co capital de que dispón, e efecto que produce esta situación. Os gastos dos últimos meses deron lugar á creba do almacén. O negocio está en creba. substantivo feminino plural5 Restos de naufraxios ou cargas dos barcos que o mar arrastra ata a costa. No inverno, xente da Costa da Morte percorría as praias buscando crebas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!