cruz
Audio 1

cruz substantivo feminino1 Instrumento de suplicio formado por dous madeiros atravesados un sobre o outro en ángulo recto, dos que se penduraba, suxeitos de mans e pés, aos condenados a morte. Xesucristo morreu na cruz.2 Relixión Representación figurada da cruz de Cristo, símbolo dos cristiáns. Hai unha cruz de pedra no altar da igrexa. As sepulturas levan cadansúa cruz.3 Medalla con forma de cruz empregada como emblema ou condecoración. Déronlle unha cruz ao mérito civil.4 Marca formada por dous trazos atravesados, que se emprega con diferentes valores. Asinou cunha cruz. Marcou cunha cruz os libros da lista que lle interesaban.5 Reverso dunha moeda por oposición á cara. Botaron a moeda ao aire e saíu cruz. ANTÓNIMOS anverso, cara, face CONFRÓNTESE dorso6 Carga ou padecemento prolongado. Ten que levar a súa cruz ás costas. Tívome que tocar a min esta cruz. FRASES E EXPRESIÓNS CON cruz Cruz dos cadrís Especie de cruz que forman os ósos da pelve e da columna vertebral. Dóelle a cruz dos cadrís de andar con pesos. Cruz gammada Cruz que ten os brazos da mesma extensión e dobrados coa forma do gamma grego maiúsculo. A cruz gammada é un símbolo moi antigo. SINÓNIMO esvástica Cruz grega Cruz cos catro brazos iguais. A maioría das cruces utilizadas en heráldica derivan da cruz grega e da latina. Cruz latina A que ten o brazo horizontal máis pequeno e que corta o vertical cerca do extremo superior. A basílica de san Pedro ten a planta de cruz latina. Cruz Vermella Organismo internacional de axuda e socorro en caso de guerra, catástrofe ou calquera accidente. Acudiu como voluntaria na Cruz Vermella. Facer o sinal da cruz Facer tres cruces imaxinarias co polgar, a primeira na fronte, a segunda na boca e a terceira no peito, e unha cuarta levando a man desde a fronte ao peito e desde o ombreiro esquerdo ao dereito, recitando ao mesmo tempo unha pequena oración. Rezaba axeonllado e ao erguerse, facía o sinal da cruz. SINÓNIMO persignarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!