cuberto, cuberta
Audio 1
Audio 2
Audio 3

cuberto (feminino: cuberta) participio1 Participio do verbo cubrir. adxectivo2 [Ceo] totalmente cheo de nubes. Mañá teremos ceos cubertos en todo o país. ANTÓNIMO claro substantivo masculino3 Construción ao pé da casa, con paredes e tellado ou só con tellado, onde se gardan apeiros, leña etc. Gardar o carro no cuberto. SINÓNIMOS alboio, alpendre, cabanel, caustra, chapitel, pendello, sobeira4 Conxunto de utensilios que se lle pon a cada comensal na mesa. Puxeron un cuberto máis para o convidado. SINÓNIMO servizo5 Conxunto de culler, garfo e coitelo. Garda uns cubertos de prata de seus avós. substantivo feminino6 O que cobre unha cousa. Un libro con cuberta de cartón. SINÓNIMO encadernación CONFRÓNTESE pasta, tapa A cuberta de plástico protexe as leitugas da chuvia e do vento. CONFRÓNTESE cobertura7 Pelello que se pon entre o xugo e a mulida, para que aquel non roce no animal, ou simplemente sobre o xugo para protexelo da chuvia. OBSERVACIÓNS: Úsase xeralmente en plural Ponlles as cubertas aos bois. SINÓNIMO cobertoira8 Parte superior dunha construción. A cuberta dunha casa. SINÓNIMO cubrición9 Cada un dos pisos dunha embarcación, especificamente o último ou superior. Saíu tomar o fresco á cuberta.10 Envoltura de caucho reforzado con arames e fíos, con ou sen cámara de aire, que constitúe o pneumático das rodas dos vehículos. Unha cuberta recauchutada. A cuberta da roda dunha bicicleta. FRASES E EXPRESIÓNS CON cuberto A cuberto locución adverbial Protexido ou defendido. As milicias puxéronse a cuberto. SINÓNIMO a salvo A cuberto de locución preposicional Protexido ou defendido de. Póndevos a cuberto da chuvia. SINÓNIMO a salvo de

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!