cubrir
Conxugar
Audio 1

cubrir /verbos/cubrir.html verbo transitivo1 Pór unha cousa ou estar unha persoa ou cousa sobre ou diante de [outra] para ocultala, protexela ou adornala. Cubrir as sabas coa colcha. Cubrir o rostro coa man. As cortinas cobren o oco da ventá. Cúbreme para que non me vexan. O teito cobre a casa. SINÓNIMO tapar ANTÓNIMO destapar CONFRÓNTESE ocultar2 Estenderse unha cousa sobre [algo ou alguén] en toda ou parte da súa superficie. A neve cubriu a extensa chaira.3 Pór nos espazos baldeiros de [un escrito ou impreso] os signos que correspondan. Cubrir quinielas. Cubrín un impreso. SINÓNIMO encher4 Ter alguén o suficiente para [o que se expresa] ou constituír o apoio ou garantía económica necesaria para [algo]. Con ese soldo non cobre os gastos do mes. O seguro non cobre a reparación.5 Unirse un animal macho con [a femia] para fecundala. O boi cubriu a vaca. O galo cubriu a galiña. SINÓNIMOS asistir, montar6 Protexer [a alguén] nunha acción bélica ou en calquera outra que comporte un risco, ou apoiar [a acción mesma]. Cúbreme! Os tanques cubrían o avance da infantaría. Un dos atracadores cubriu a retirada dos demais desde o outro lado da rúa.7 Ocuparse os medios de comunicación ou un periodista en concreto de [a información sobre un asunto]. Centos de cadeas de televisión cubrían a información sobre a guerra.8 Deporte Vixiar ou controlar un xogador [a outro]. Ti cobres o dianteiro esquerdo. SINÓNIMO marcar9 figurado Facer [a alguén] obxecto de algo, darlle a [alguén] moito do que se expresa. Cubriuno de eloxios. Cubrir de beixos.10 Deixar un líquido totalmente somerxido [algo ou a alguén]. A auga cubríao e houbo de afogar. Tamén absoluto Os rapaces bañábanse na beira, onde non cubría.11 Ocupar unha persoa [un posto de traballo ou cargo]. Cubriron as vacantes con persoal moi cualificado.12 Percorrer [unha distancia]. Cubriron os cinco quilómetros en menos de catro minutos. verbo intransitivo13 [Algo] satisfacer os gastos orixinados. Tivo que deixar o negocio porque non lle cubría telo. verbo pronominal14 [Algo] quedar oculto por certa cousa. O chan cubriuse de lama a causa da chuvia. O ceo cubriuse de nubes. SINÓNIMO encherse15 [Superficie] ter espallado sobre si e en abundancia algo. O xardín cubriuse de herbas. SINÓNIMO encherse16 Tapar total ou parcialmente o corpo ou unha parte del cunha peza de roupa. Cubríase cunha gorra de cadros. ANTÓNIMO descubrirse Cúbrete, que non te vexan así espido.17 Pórse fóra do alcance dun ataque ou agresión. Cubríanse agachándose entre as árbores. Cubrídevos!18 figurado Chegar a ter moito da cousa que se expresa. Con ese libro cubriuse de gloria. Cubrirse de honra. SINÓNIMO encherse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]