cumprir
Conxugar

cumprir2 /verbos/cumprir2.html verbo intransitivo [Cousa que se expresa] ser necesaria ou conveniente. Cómpreme un coche. CONFRÓNTESE necesitar Cómpre que te fixes ben nas acepcións desta palabra. Cómpreche facelo. CONFRÓNTESE convir

cumprir
Conxugar

cumprir1 /verbos/cumprir1.html verbo transitivo1 Realizar, levar a cabo [o que se debe, o que corresponde ou está ordenado]. Cumprir o seu deber. Cumprir a lei. SINÓNIMOS obedecer, respectar ANTÓNIMOS conculcar, contravir, desobedecer, infrinxir, quebrantar, transgredir, violar Cumpro ordes. Cumprir unha promesa. Cumprir un desexo. ANTÓNIMO incumprir Cumprir unha sentenza. SINÓNIMO consumar verbo intransitivo2 Pór en práctica o establecido por un precepto. Cumpre co seu deber. ANTÓNIMO incumprir3 Completar un determinado período. O soldado xa cumpriu.4 Facer o que corresponde ou era esperado. O xogador cumpriu, aínda que non metese ningún gol. verbo pronominal5 [O que se expresa] ter lugar ou realizarse. Cumpríronse as predicións. SINÓNIMO verificarse Oxalá se che cumpran os desexos.6 [Prazo] completarse. Hoxe cúmprense tres anos da túa chegada. CONFRÓNTESE facer, haber1 FRASES E EXPRESIÓNS CON cumprir Cumprir con (alguén) Satisfacer unha obriga que por cortesía se adquiriu con alguén. Gústalle cumprir con todo o mundo. Por cumprir Por pura cortesía. Fun á festa por cumprir non porque tivera ganas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!