día
Audio 1

día substantivo masculino1 Período de 24 horas, que é o tempo aproximado que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixe. A semana ten sete días.2 Período de tempo desde que sae o Sol ata que se pon. O día é para traballar, a noite para durmir.3 Claridade do día. Víase o día por un furado da parede. FRASES E EXPRESIÓNS CON día Abrente do día VÉXASE abrente Abrir o díaAmencer Xa abría o día cando saíron da casa. SINÓNIMOS raiar o día, romper o día, vir o día Alba do día VÉXASE alba Ao abrir do día Ao amañecer. Comezaba a traballar ao abrir do día. SINÓNIMOS contra o día, sobre o día Ao outro día Ao día seguinte. Estreei o pantalón ao outro día de mercalo. Bo día Saúdo que se emprega desde a mañá ata a hora de xantar. Bo día, Maruxa! SINÓNIMO bos días Bos días Bo día. Cando se entra nun sitio hai que dar os bos días. De día Durante as horas en que hai luz solar por oposición á noite. Non teño medo nin de día nin de noite. Día a día Cada día que pasa. Vai mellorando día a día. Día de festa VÉXASE festa Día de labor Día laborable. No noso traballo, temos seis días de labor e un festivo á semana. Día festivo Día en que se celebran un conxunto de actos civís ou relixiosos e de carácter alegre organizados para conmemorar un feito ou para lembrar a un personaxe. Pasou o día festivo no campo coa familia. SINÓNIMOS día de festa, festa Día hábil Día laborable. Temos dez días hábiles para presentar a documentación. Día inhábil Día non hábil. Os domingos son días inhábiles. Día laborable Día de traballo día que non é festivo. Hoxe non é día laborable. SINÓNIMOS día de labor, día hábil, día solto Día lectivo Día en que hai clase nos centros de ensino. O sábado e o domingo non son días lectivos. Día santo O domingo e todos os que a Igrexa consagra como tales por mor da celebración dalgunha festividade. Vai á misa todos os días santos. Día solto Día laborable. Hoxe traballamos porque é día solto. Do día De hoxe mesmo. Peixe do día. Dun día para outro Dentro de pouco tempo. Chegará dun día para outro. Estar ao día Estar informado do que ocorre cada día nun aspecto concreto ou en xeral ou seguir as modas do momento. Está ao día nos avances en física. Está moi ao día, sempre viste os últimos modelos. Este día Un día dos inmediatamente anteriores. Chegou este día. Luzada do día VÉXASE luzada O outro día Hai uns días. Vin esa película o outro día. Poñer ao día Adaptar [algo] ao momento actual. Teño que poñer ao día as contas da empresa. SINÓNIMO actualizar Poñerse ao día Adaptarse ás necesidades do momento actual. Os profesionais débense poñer ao día cos avances tecnolóxicos. SINÓNIMO actualizarse Raiar o día Abrir o día. Érguete antes de que raie o día. Romper o día Abrir o día. Estivo esperto ata que rompeu o día. Sobre o día Ao abrir o día. Sobre o día emprenderon camiño. Vir o día Abrir o día. Xa vén o día, que cantan os galos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!