dar
Conxugar
Audio 1

dar /verbos/dar.html verbo transitivo1 Facer voluntariamente que [algo] pase a ser doutra persoa. Deume corenta pesos. Promete moito pero dá pouco. CONFRÓNTESE entregar2 Poñer [algo ou a alguén] nas mans ou á disposición doutra persoa. Dálle unha cadeira para que sente. CONFRÓNTESE entregar3 Ser unha cousa a orixe de [algo]. As maceiras dan mazás. SINÓNIMO producir As ovellas dan la. Este ano a fonte dá pouca auga. A viña grande dá moi bo viño.4 Ser causa de. A gripe dá febre. SINÓNIMOS producir, provocar5 Facer que [algo] teña ou adquira un certo estado, calidade etc. Esta decoración dálle un aire moi alegre á casa.6 Facer sentir. As súas palabras déronlle a tranquilidade que precisaba. Deunos moita pena velos sufrir. Disque lle dá medo a altura. Dá unha rabia!7 Deixar ver [mostras, sinais ou probas de algo]. Non dá sinais de vida. Deu probas da súa intelixencia.8 Facer saber, transmitir [unha cousa]. Dille que che dea as medidas do moble. Dar unha orde. Vouche dar unha boa nova. SINÓNIMO comunicar Sempre ten que dar a súa opinión.9 Ofrecer ao público. Que película dan hoxe na tele? SINÓNIMO botar1 A banda deu un concerto na alameda. Dar unha festa. Dar unha conferencia.10 Facer que alguén dispoña ou goce de [unha certa circunstancia que se expresa]. É a última oportunidade que che dou. Quen che deu permiso? Déronnos de prazo ata mañá ás cinco. SINÓNIMO conceder11 Aplicar [unha capa de pintura, betume etc.]. Cumpría darlles unha man de pintura ás paredes. Á cucaña dáselle sebo para que esvaren os mozos.12 Atribuír a algo ou a alguén [unha certa calidade, característica, significado etc.]. Que interpretación lle dás ti a ese feito? Penso que lle damos máis importancia da que ten.13 Facer que alguén reciba [un golpe]. Vouche dar unha labazada. Deulle un empuxón.14 Expresar de palabra [certas cousas]. Dar o pésame. Dálle os meus parabéns. Dar as boas noites.15 Realizar, levar a cabo [a acción indicada polo substantivo que segue]. Deu un berro. O gato deu un brinco para subir á mesa.16 Realizar, efectuar sobre algo ou alguén [a acción indicada polo substantivo que segue]. Dáme un bico. Hai que darlles unha cava ás viñas.17 Tocar un reloxo [os sinais da hora]. Acaban de dar as doce.18 Prescribir [un medicamento]. O médico deume unhas pastillas.19 Facer tomar [un medicamento]. Déronlle outra dose de morfina. SINÓNIMO administrar20 Entregar ou sacrificar. Deu a súa vida pola causa.21 Virar cara a algo ou alguén [a parte que se expresa]. Deulle as costas e non volveu falar con el.22 Cociñar un forno, tixola etc., no seu punto [un alimento]. A tixola de ferro dá moi ben as filloas.23 Ter como resultado. Canto che dá o problema? Non me dá igual ca a ti.24 Repartir [as cartas] nun xogo. Tes que darlle tres cartas a cada xogador. Tamén absoluto Dás ti e corto eu. verbo intransitivo25 Ir bater contra algo ou alguén. O balón deulle ao árbitro na cabeza. Escorregou e foi dar contra a parede.26 Facer que unha cousa que se lanza ou dispara vaia chocar contra algo ou alguén. Tiroulle un pau pero non lle deu. CONFRÓNTESE acertar, atinar27 [Mancha, sucidade] deixar de ser visible ao lavar. As manchas de graxa non dan. SINÓNIMOS arriar, desaparecer, irse, quitarse, sacarse, saír28 Mirar ou estar orientado cara a un determinado lugar ou dirección. A fiestra dá á praza.29 Ser suficiente. Non me dan os cartos para pagar un taxi. Non lle dan os brazos para abranguer o carballo.30 [Trastorno] sobrevir a alguén. Danlle frecuentes dores de cabeza. Deulle unha arroutada.31 [Sono, fame etc.] empezar a manifestarse. Eu vou para a cama que me está dando o sono. SINÓNIMO pegar32 Resultar exacto, cadrar. Non lle dan as contas.33 Seguir realizando con aplicación un traballo ou actividade. Ti dálle, que xa logo acabas. verbo pronominal34 [Planta, froito] nacer da terra. Nesta horta danse moi bos repolos. Este ano non se dá nada, nin pan, nin patacas.35 Dedicarse por completo, afeccionarse moito a algo. OBSERVACIÓNS: Constrúese coa preposición a Deuse á bebida.36 Ter lugar. Nunca se deu ese caso. CONFRÓNTESE acontecer, ocorrer, suceder37 [Alimento] saír ben, no seu punto. Os freixós danse mellor na freixoeira ca na tixola. FRASES E EXPRESIÓNS CON dar Dálle que dálle Expresa a insistencia, a teima con que alguén fai algo. Mandábaos calar e eles dálle que dálle. Dar a alma (algo) VÉXASE alma Dar a cara VÉXASE cara Dar a entender VÉXASE entender Dar a luz VÉXASE luz Dar as grazas VÉXASE graza Dar a vida VÉXASE vida1 Dar avío VÉXASE avío Dar a volta VÉXASE volta Dar cabo VÉXASE cabo Dar cadra VÉXASE cadra Dar caza VÉXASE caza Dar cima a VÉXASE cima Dar con (algo ou alguén)Atopar Non parou ata dar con ela. Dar conta de VÉXASE conta Dar de si 1 Alongarse, estirarse. Este tecido dá moito de si. 2 Render, ter capacidade, ser capaz. Non lle pidas tanto que o pobre non dá máis de si. Dar en + inf 1 Comezar a acción indicada polo infinitivo. Deu en chover e non parou. 2 Coller o costume de facer o indicado polo infinitivo. Agora deu en visitarme todos os días. Dar fe VÉXASE fe Dar igual Ser indiferente, non ter importancia. Dáme igual este ca aquel. SINÓNIMOS tanto dá (daba, dará…), tanto ten (tiña, terá…) Darlle á lingua VÉXASE lingua Dar o corazón (algo) VÉXASE corazón Dar o corpo (algo) VÉXASE corpo Dar o mesmo Dar igual. Que faga o que queira, a min dáme o mesmo. Dar o peito VÉXASE peito Dar palabra VÉXASE palabra Dar + part Ser capaz de, conseguir acabar a acción ou proceso iniciados. A ver se dás arranxado isto. Cando dei acabado, xa os demais estaban coa sobremesa. Dar porConsiderar Dérono por morto. Dar por descontado Considerar que algo é totalmente seguro. Daba por descontado o apoio incondicional dos socios. Dar que dicir Ser motivo de comentario. Non andes dando que dicir ao mundo. SINÓNIMO dar que falar Dar que facer Custar, requirir esforzo. Parecía un amaño de nada e aínda che ha dar que facer. Dar que falar Ser motivo de comentarios. Aquel casamento deu moito que falar. SINÓNIMO dar que dicir Dar que + infinitivo Ser motivo da acción expresada polo infinitivo. Esa reacción súa deume moito que pensar. Deu moito que falar aquel asunto. Darse ben (mal, mellor, peor etc.) (unha actividade) Ter boas (malas, máis, menos etc.) aptitudes ou habilidade para facela. Non se lle dá nada ben escribir á máquina. Dáselle mellor xogar de dianteiro ca de defensa. Darse conta VÉXASE conta Darse de conta VÉXASE conta Darse porConsiderarse Deuse por vencido. Dar tempo VÉXASE tempo Dar tempo ao tempo VÉXASE tempo Dar terra VÉXASE terra Dar volta VÉXASE volta Dar voltas VÉXASE volta Dar xenio VÉXASE xenio Ir dar a Ir parar a, ter o seu final en. O Miño vai dar ao Atlántico. A ver en que vai dar todo este asunto. Non dar golpe VÉXASE golpe1 Non dar pancada VÉXASE pancada Non dar unha fala VÉXASE fala Quen me (che, lle, nos, vos, lles) dera VÉXASE quen

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí