de
Audio 1

de2 preposición1 Expresa distintos valores, como: Posesión, pertenza. A casa de Xoán.2Procedencia Veño de Lugo.3Materia Mesa de carballo. Augardente de herbas.4 Contido, asunto. Unha novela de viaxes.5Parentesco Vai vir un curmán da súa muller.6 Finalidade, uso. Máquina de escribir. O garfo do pescado. CONFRÓNTESE para27 Carácter, condición. Produto de calidade.8 Situación no tempo. De día e de noite. Veñen de verán pasar as vacacións.9Causa Morre de pena.10 Punto de partida. De hoxe en diante. De hoxe en quince días.11Modo Fíxoo de boa fe.12Axente O problema é de todos coñecido. SINÓNIMO por13Partitivo Xente aínda había ben dela.14 Forma parte de locucións modais. De repente, de fociños.15 Úsase tras certos verbos e antecedendo un infinitivo, formando ou non perífrases. Acabar de chegar. Hanlle de dar o que merece. OBSERVACIÓNS: A preposición de contrae coas seguintes clases de palabras dando as formas que se expresan: a. Co artigo determinado (o, a, os, as): do, da, dos, das. b. Co artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas): dun, dunha, duns, dunhas. c. Coas formas tónicas do pronome persoal de terceira persoa (el, ela, eles, elas): del, dela, deles, delas. d. Cos demostrativos (este, ese, aquel, isto...; estoutro, esoutro, aqueloutro): deste, dese, daquel, disto... e. Cos indefinidos (algún e outro): dalgún, doutro

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!