deitar
Conxugar
Audio 1

deitar /verbos/deitar.html verbo transitivo1 Pór [a alguén] en posición horizontal sobre unha superficie, en particular para que descanse ou durma. Deitei o neno no berce.2 Facer caer. Deitouno no chan dunha labazada.3 Poñer en posición horizontal ou inclinada. Deitaron o armario para que entrase pola porta. O vento deitou a herba.4 Deixar saír [o fluído contido no interior]. A ferida deita pus. SINÓNIMO botar1 CONFRÓNTESE supurar Tamén absoluto Este barril deita. SINÓNIMOS perder, verter5 Pór [unha galiña] riba dos ovos para chocalos. Deitou a galiña cunha ducia de ovos. verbo pronominal6 Pórse en posición horizontal sobre unha superficie, en particular para descansar ou durmir. Deitouse a tomar o sol na praia. SINÓNIMOS tirarse, tombarse Deitouse no sofá. Déitate, que é tarde.7 Poñerse en posición horizontal ou inclinada. O trigo da agra deitouse todo.8(deitar con) Realizar o acto sexual. Nas memorias menciona varias mulleres coas que se deitou. FRASES E EXPRESIÓNS CON deitar Deitarse coas galiñas VÉXASE galiña

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí