delicado, delicada
Audio 1
Audio 2

delicado (feminino: delicada) adxectivo1 [Cousa] fácil de alterar. Pel delicada. SINÓNIMOS feble, fráxil2 [Persoa] que enferma con facilidade. É un rapaz moi delicado, tense que coidar moito. SINÓNIMOS débil, enfermizo, feble3 [Persoa] que anda algo enfermo. Xa non para na cama, pero aínda está delicado.4 Que se ofende facilmente a causa da falta de tenrura dos demais. É moi delicado e sofre moito cando se sente discriminado. SINÓNIMO sensible5 Que manifesta bo gusto e sensibilidade. Un espírito delicado, que ama as artes e as letras. SINÓNIMO sensible6 Que é dunha fineza extremada. Man delicada. Faccións delicadas. SINÓNIMO fino7 Difícil de tratar ou executar porque pode crear problemas. Esta é unha cuestión moi delicada. SINÓNIMOS escabroso, espiñento, espiñoso8 Que ten habilidade para tratar asuntos difíciles con coidado e discreción. Ten que levar o asunto unha persoa delicada. CONFRÓNTESE discreto9 Que manifesta discreción, amabilidade e cortesía. É moi delicado no falar. Comportamento delicado. ANTÓNIMO indelicado

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!