demo
Audio 1

demo Para todas as acepcións SINÓNIMOS demoño, diabo, diabro, diantre, diaño substantivo masculino1 Ser imaxinario que representa o mal na tradición popular. O demo anda sempre tentando a xente. SINÓNIMO cachán2 Persoa que ten maldade. Non fai cousa boa, é un demo.3 Persoa divertida, inquieta ou travesa. Que demos de rapaces! FRASES E EXPRESIÓNS CON demo Arre demo! Expresión de sorpresa ou asombro. Arre demo! Como chove! Cabalo do demo VÉXASE cabalo Coma un demoMoito Non sei que levas na bolsa, pero pesa coma un demo. Comer os demos a un Estar moi enfadado. Comíano os demos porque lle dixeron que non podía pasar. Cousa do demo VÉXASE cousa Dou ao demo! Expresión que manifesta sorpresa ou repulsa. Dou ao demo se o vin! Dou ao demo se quero algo seu! Haber as do demo Haber un batifondo. Berraron cos veciños e alí houbo as do demo. SINÓNIMO haber o demo polas pernas Haber o demo polas pernas Haber as do demo. Cando repartiron a herdanza, aí houbo o demo polas pernas. Levado do demo VÉXASE levado Levar o demo (algo ou alguén) Sufrir un dano grande. A colleita deste ano levouna o demo. O demo de Gran cantidade de. Que vos conte uns chistes, que sabe o demo deles. O demo me (te, o...) leve! Expresión que se utiliza para desexar mal ou como xuramento. O demo vos leve! Que o demo me leve se non digo a verdade! Ver o demo (a alguén) Explicación que se dá cando a alguén lle saen as cousas mal. Hoxe non fas cousa con cousa, parece que te viu o demo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!