depósito
Audio 1

depósito substantivo masculino1 Acción e efecto de depositar. Cobráronlle vinte pesos polo depósito do seu abrigo no gardarroupa. Fixo un depósito no banco.2 Obxecto ou cantidade depositados. Pasou a recoller o seu depósito.3 Lugar onde se deposita algo. Atopou a carteira no depósito de obxectos perdidos. Os coches que están mal aparcados retíranos e lévanos para o depósito.4 Recipiente onde se almacena auga ou outro líquido. Incendiáronse os depósitos de petróleo do porto. SINÓNIMO tanque1 CONFRÓNTESE cisterna, estanque5 Xeoloxía Acumulación de mineral sólido, líquido ou gasoso, que se encontra de forma natural e local tanto na superficie coma no interior da terra, e que é susceptible de ser explotada. Depósito de carbón. SINÓNIMO xacemento6 Lugar onde se depositan os cadáveres que non se enterran no prazo habitual. Foron ao depósito para recoñecer o cadáver. SINÓNIMO depósito de cadáveres7 Economía Contrato polo que un cliente deposita unha cantidade de diñeiro nunha entidade bancaria, que dispón libremente dos cartos e se compromete a restituílos nas condicións pactadas. Os depósitos pódense clasificar segundo a súa dispoñibilidade. FRASES E EXPRESIÓNS CON depósito Depósito de cadáveres Depósito (acepción 6). As vítimas do accidente foron trasladadas ao depósito de cadáveres. Depósito legal Entrega gratuíta a un organismo público dun ou máis exemplares de calquera obra que se publique. Algunhas publicacións relixiosas non están suxeitas a depósito legal.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!