descansar
Conxugar
Audio 1

descansar /verbos/descansar.html verbo intransitivo1 Cesar nun traballo ou esforzo para que pase o cansazo e reparar as forzas. OBSERVACIÓNS: O suxeito pode ser tamén inanimado Descansa un anaco, que xa traballaches abondo. SINÓNIMOS acougar, pousar, repousar Os fins de semana dedícaos a descansar. A terra necesita descansar. Deixa descansar o ordenador que leva moito tempo aceso. SINÓNIMO repousar2Durmir OBSERVACIÓNS: É frecuente o emprego deste verbo co sentido específico de ‘durmir a sesta’ Esta noite non descansei nada. Acabou de xantar e foi descansar.3 figurado Ter alivio nunha dor ou preocupación. Cumprín coa miña obriga e descansei.4 figurado Estar enterrado. Aquí descansan os seus restos. SINÓNIMOS repousar, xacer15 figurado Ter a súa base en. O edificio descansa sobre uns sólidos alicerces. SINÓNIMOS apoiarse, asentarse, repousar A súa teoría descansa en datos moi contrastados. SINÓNIMOS apoiarse, basearse, fundarse6 Aliviarse de penas ou traballos facéndose axudar por outra persoa. É un home que descansa moito no fillo. verbo transitivo7 Aliviar o cansazo ou facelo desaparecer de [o corpo ou unha parte del]. Descansou os pés meténdoos en auga quente. Descansar o corpo.8 Colocar [algo ou alguén] sobre unha persoa ou cousa que o sosteña. Descansa a escada na parede para que non caia. Descansa os pés no tallo. SINÓNIMO apoiar9(descansar en) Facer partícipe a alguén de [penas, preocupacións] para aliviarse delas. Sempre descansou nel as súas preocupacións.10 Aliviar [a alguén] descargándoo de parte do seu traballo. Ten uns colaboradores que o descansan moito. CONFRÓNTESE axudar11 Delegar [traballos, preocupacións] nunha persoa na que se confía. Descansa parte do seu traballo nos xenros. verbo pronominal12(descansar en) Aliviarse de penas ou traballos facéndose axudar por outra persoa. Fai o teu e non te descanses tanto en min.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!