descargar
Conxugar
Audio 1

descargar /verbos/descargar.html verbo transitivo1 Quitar unha carga ou unha mercancía a [un medio de transporte]. Descargade o camión. ANTÓNIMO cargar2 Quitar [unha carga] dun vehículo, animal etc. Descargar as caixas do peixe. ANTÓNIMO cargar3 Disparar [unha arma de fogo]. Descargou a pistola na sen.4 Quitar a carga ou munición a [unha arma de fogo]. Descargou o revólver por precaución. ANTÓNIMO cargar5 Retirar de [un recipiente, aparello etc.] a carga. Descargou a batería do coche. ANTÓNIMO cargar6 Dar [un golpe] con forza. Descargou unha puñada na mesa.7 Facer recaer en alguén [a ira, o mal humor]. Descarga o seu enfado co primeiro que atopa.8 Pasar a outra persoa [responsabilidades ou obrigas propias]. Descarga a responsabilidade nos seus colaboradores.9 Botar [chuvia ou sarabia] en abundancia. Estas nubes van descargar pedrazo.10 Informática Copiar nun dispositivo [un ficheiro, programa ou aplicación que existe noutro]. Descarga todos os arquivos nunha memoria USB.11 Informática Copiar nun dispositivo [un ficheiro, programa ou aplicación] a través dunha rede. Pódese descargar gratuitamente esta canción. SINÓNIMO baixar ANTÓNIMOS cargar, colgar, subir verbo intransitivo12 [Chuvia, sarabia] caer en abundancia. Tronou forte, pero non descargou. verbo pronominal13 Perder a carga eléctrica. A cámara descargouse.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!