descubrir
Conxugar
Audio 1

descubrir /verbos/descubrir.html verbo transitivo1 Saber onde está, cal é, como é etc. [algo ou alguén que estaba oculto ou que era descoñecido]. Descubriron o autor do roubo. Descubriron a causa da súa enfermidade. Descubriuse outra illa no Pacífico. Descubriu un tesouro ao cavar no areal. SINÓNIMOS achar, atopar2 Sacar aquilo que cobre ou oculta total ou parcialmente [algo ou alguén]. Descubrir a cama. Descubrir unha ola. SINÓNIMO destapar Tamén verbo pronominal Descúbrete un pouco se tes calor. SINÓNIMOS desarrouparse, destaparse3 Dar a coñecer. Descubriunos as súas intencións. SINÓNIMOS desvelar, revelar ANTÓNIMOS agachar, esconder, ocultar CONFRÓNTESE delatar verbo pronominal4 Quitar da cabeza o sombreiro ou algo similar como signo de cortesía, respecto etc. Ao entrar na igrexa descubríronse. ANTÓNIMO cubrirse5 Darse a coñecer. Con esa novela descubriuse como un magnífico escritor. SINÓNIMO revelarse FRASES E EXPRESIÓNS CON descubrir Hai que descubrirse Expresión coa que se indica que algo ou alguén é realmente digno de admiración. Que magnífica interpretación! Hai que descubrirse.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]